Kim Il-sung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 36:
== Traxectoria ==
=== Comezos e exilio ===
Kim Il-sung naceu co nome de Kim Sŏng-ju, probablemente en Mangyondae, preto de [[Pyongyang]], en [[Corea]], entón un protectorado baixo ocupación [[Xapón|xaponesa]]. Tiña dous irmáns, Ch’ŏl-chu e Yŏng-ju. A familia de Kim opoñíase á ocupación xaponesa, polo que en [[1920]] tiveron que fuxir á [[China]]. Kim foi enviado a un colexio en Jilin, pero a súa educación oficial finalizou cando foi arrestado e encarcerado por actividades subversivas. Formou parte de guerrillas ''"antixaponesas"'' no norte deda China, e chegou a ingresar nunha guerrilla liderada polo [[Partido Comunista deda China]].
 
Kim loitou na súa unidade dende [[1935]], progresando en rango e chegando a ser comandante en [[1941]], cando os xaponeses levaron as guerrillas ao norte deda China. Durante este período adoptou o nome Kim Il-sung, o cal fora doutro loitador ''"antixaponés"'' morto na batalla. Escapou á [[Unión Soviética]], e foi enviado a un campo preto de Khabarovsk, onde as guerrillas comunistas coreanas colaboraban coas forzas soviéticas. Kim pasou a ser capitán do [[Exército Vermello]].
 
En [[1925]] fundou o Partido Comunista de Corea, mais pronto disolveuse por loitas internas. En [[1931]] Kim ingresou no Partido Comunista de [[República Popular da China|China]]. Cando volveu a Corea en setembro de [[1945]] -despois da fin da [[segunda guerra mundial]] e a rendición incondicional de [[Xapón]] coa consecuente retirada das tropas xaponesas da [[Península de Corea|península coreana]]- xunto coas forzas soviéticas, ficou o sector norte do país baixo o seu control, sendo elixido coa axuda da [[Unión Soviética]] como líder do comité popular provisional, aínda que nese momento non era líder do partido comunista, cuxos cadros se atopaban en [[Seúl]], na zona ocupada do sur polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].