Itálica (cidade): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 43:
 
== Historia ==
Fundada no ano 206 a.c. polo Xeral [[Publio Cornelio Escipión]] co obxecto de asentar nela aos soldados feridos que participaran na '''batalla de Ilipa'''(contra os cartaxineses) e servir de posto militar avanzado nun lugar de alto valor estratéxico. Nela naceu Marco Ulpio [[Traxano]] (53 - 117 d.C.), primeiro emperador oriundooriúndo dunha provincia romana, e probablemente tamén o seu sucesor Publio Elio [[Hadriano]] (76 - 138 d.C.). Este foi educado en Itálica, a cal honrou coa construción dun novo barrio (''nova urbs''), que se distingue da ''vetus urbs'', núcleo fundado por Escipión. Na actualidade esta última atópase baixo o centro urbano de Santiponce. A ''nova urbs'' de Hadriano foi obxecto de numerosas escavacións arqueolóxicas, dende a primeira delas levada a cabo por [[Francisco de Bruna]] entre 1781 e 1788.
 
No Cerro de la Cabeza, a uns 500 metros o norte do anfiteatro documentouse nos anos oitenta a existencia dun asentamento prerromano cunha longa secuencia de ocupación abarcando dende o bronce final (sec. VIII a.C.) ata a época turdetana (sec. IV a.C.).