Simplificación da escritura chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 1:
{{Contén texto chinés}}
A '''simplificación dos caracteres chineses''' é o proceso de reforma da [[escritura chinesa]] que tivo lugar na segunda metade do [[século XX]], cando o goberno da [[República Popular da China]] promoveu a adopción dun sistema de caracteres simplificados (簡體字 ''xiǎntǐzì''), que substituíu aos caracteres tradicionais na [[China continental]]. Outras comunidades chinesas, en particular as de [[Taiwán]], [[Hong Kong]] e [[Macao]], continúan utilizando os caracteres tradicionais (繁體字 ''fántǐzì'' ou 正體字 ''zhèngtǐzì''). A estas dúas formas alternativas de escribir o chinés chámanselles [[chinés simplificado]] e [[chinés tradicional]] respectivamente.
 
Por simplicidade, neste artigo os termos en chinés aparecen soamente en caracteres tradicionais, seguidos da transcrición [[pinyin|hànyǔ pīnyīn]].
Liña 14:
Fronte ao camiño radical seguido por vetnamitas e coreanos, na China, como no Xapón, acabaríase impondo a idea máis conservadora de modificar gradualmente o sistema de escritura substituíndo as formas normativas dalgúns caracteres de uso moi frecuente por outras máis simples. A este proceso llese chamou '''simplificación dos caracteres chineses''' (漢字簡化 /汉字简化 ''hànzì xiǎnhuà''). Nótese que a "simplificación" refírese a unha redución do número de trazos. Como se comenta máis adiante neste artigo, non está claro en absoluto que ditos caracteres con menor número de trazos sexan máis doados de aprender que os caracteres tradicionais.
 
O primeiro intento de introducir caracteres simplificados o levou a cabo o Goberno do [[Kuomintang]] (KMT) no ano [[1935]], que promulgou unha lista oficial de 324 caracteres modificados. Nesa lista atopábanse xa algunhas formas populares de caracteres que serían adoptadas de novo polo Goberno da República Popular da China anos máis tarde (como 个 por 個, ou 还 por 還, por exemplo). No entanto, a sociedade rexeitou de maneira xeral a adopción destes novos caracteres e un ano máis tarde o Goberno retirou a reforma.
 
Tras a Segunda Guerra Mundial, o Goberno xaponés decidiu adoptar de xeito oficial formas simplificadas para un número considerábel de caracteres. As simplificacións xaponesas, porén, foron moito máis moderadas que as que finalmente levaría a cabo o Goberno da República Popular da China.
 
==A simplificación dos caracteres na República Popular==
 
Tras a proclamación da República Popular da China por [[Mao Zedong]] en [[1949]], o novo goberno comunista, á par que continuaba a política do KMT de promoción dunha lingua nacional baseada no dialecto pequinés, retomou o plan de reformar a escritura. En [[1955]] organizouse o Congreso Chinés para a Reforma da Escritura (中國文字改革委員會 ''Zhōngguó Wénzì Gǎigè Wèiyuánhuì''), do cal sairía un comité que un ano máis tarde, en [[1956]], publicaría a primeira lista de caracteres reformados que establecía novas formas normativas para 515 caracteres e 54 compoñentes de caracteres. A esta lista de caracteres chamouna “Plan de simplificación dos caracteres chineses” (漢字簡化方案 ''hànzì xiǎnhuà fāng'àn''). Os caracteres simplificados foron obxecto de críticas e rexeito durante o período de apertura das [[Cen Flores]], mais nos anos 60, coa radicalización da política revolucionaria e o fervor dos ataques á cultura antiga imporíase o uso dos novos caracteres. Á lista de [[1956]] engadiríanse moitos máis caracteres en [[1964]], coa publicación da “Táboa xeral de caracteres simplificados” (簡化字總表 ''xiǎnhuà zì zǒng biǎo''). Este proceso de reforma non se consideraba aínda completo. De feito, acostúmase dicir que había quen vía a simplificación como unha fase provisional previa á adopción do alfabeto latino co sistema [[pinyin]].
 
O proceso de simplificación continuou, en efecto, e en [[1977]] publicouse o Segundo Plan de Simplificación dos Caracteres Chineses (Proxecto) (第二漢字簡化方案 [草案] ''dì'èr hànzì xiǎnhuà fāng'àn [cǎo'àn]''). Esta segunda parte da reforma non chegou a ter éxito, e en [[1986]] fíxose a última revisión do sistema, na que se aboliu por completo o segundo plan, e fíxose algún cambio mínimo na lista de [[1964]].
 
Esta última revisión de 1986 é a que está en vigor na actualidade na República Popular da China, excepto en [[Hong Kong]] e [[Macao]].
 
==Métodos de simplificación dos caracteres==
Liña 97:
* (inglés) [http://www.zein.se/patrick/3000char.html Os 3.000 caracteres chineses máis comúns]
* (inglés) [http://www.cozychinese.com/convert/ Ferramenta de conversión]
* (inglés) [http://pinyin.info/readings/zhou_enlai/zhou_enlai.html ''Current Tasks of Reforming the Written Language'']. Tradución ao inglés dun discurso pronunciado polo primeiro ministro da República Popular da China [[Zhou Enlai]] o 10 de xaneiro de 1958 sobre a reforma da lingua escrita e a promoción do mandarín.
* (inglés) [http://www.zhongwen.com/jian.htm ''Simplified Chinese Characters'']. Comentario sobre a simplificación de caracteres, con análise concretos de incoherencias nalgunhas formas simplificadas, en www.zhongwen.com (en inglés).