GNU/Linux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 13:
O [[proxecto GNU]], iniciado por [[Richard Stallman]] no ano [[1984]], tiña por finalidade desenvolver un sistema operativo [[Software libre|libre]] baseado en UNIX. A comezos dos 90, o proxecto GNU xa desenvolvera unha cantidade importante de software libre e para lograr o seu obxectivo de crear un sistema operativo completo. Só lle faltaba unha peza: o [[kernel]].
 
Dende os comezos do proxecto, traballárase nun núcleo para o sistema, ao que se lle chamou [[GNU Hurd|Hurd]]. Pero os progresos no seu desenvolvemento eran lentos, e aínda a día de hoxe este kernel non ten unha versión estable. No ano 1991, [[Linus Torvalds]], un estudante da [[Universidade de HelsinkiHelsinqui]], decidiu escribir o seu propio sistema operativo tipo UNIX. Baseouse para iso en [[MINIX]], que era un sistema tipo UNIX que o mestre [[Andrew Tanenbaum]] desenvolvera para ensinarlles aos seus alumnos a filosofía de deseño dun sistema operativo. Linus fixo o seu propio kernel, ao que denominou [[Linux]].
 
[[Richard Stallman]] convenceu a Linus de que liberase o kernel baixo a licenza [[GNU GPL]] e o convertese así en [[software libre]]. Isto deu lugar aos primeiros sistemas operativos libres, os sistemas GNU/Linux.