Bravú: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5485449 de 46.6.241.249 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 4:
 
==Historia==
Na década de 1990 xorden en Galiza numerosos grupos musicais de gustos heteroxéneos que comparten tanto a fachenda pola súa cúltura como a admiración por figuras dos movementos antiglobalización, liderados entón no ámbito artístico por personaxes como [[Manu Chao]] ou [[Fermin Muguruza]]{{Cómpre referencia}}. Porén, aínda que encadrado ideoloxicamente na esquerda, a maior parte do movemento nunca chegou a estar implicado politicamente ao mesmo grao ca as súas influencias, posibelmente pola dependencia de axudas e estruturas culturais do [[Xunta de Galicia|goberno galego]]{{Cómpre referencia}}, nese momento nas mans da dereita.
 
Coa axuda de experimentos anteriores coma [[Os Resentidos]], [[Fuxan os ventos]], [[The Pogues]], [[The Clash]], [[Mano Negra]] ou [[Negu Gorriak]] as novas xeracións de roqueiros galegos ademais de amosar unha ampla cultura musical deixan acantoados vellos complexos como utilizar o galego para o rock. Canalizan deste xeito unha rebeldía inherente ao sector máis creativo da mocidade contra un ambiente socio-político que consideraban paifoco e alasante. Introducen nas súas cancións os problemas cotiáns da mocidade da época: paro, obxección ao servizo militar, o sexo, os problemas da aldea e os caciques (p.e: a canción "Tratorada" do grupo [[Rastreros]] converteuse en exitosa crónica musical das loitas labregas).