Serhii Bubka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Bubka comezou a destacar nas competicións locais nas mans do adestrador Vitaly Petrov, primeiro cun salto de 2,70 metros aos 11 anos e logo superando os cinco metros con 16 anos. Saltou á fama internacional en 1981 cando foi sétimo no Campionato Europeo Júnior. Nese momento o seu potencial causou admiración e de feito, a pesar de clasificarse oitavo no campionato nacional, o adestrador do equipo soviético, Igor Ter-Ovanessian, o incluíu na selección que ía participar no primeiro Campionato Mundial de Atletismo, en [[HelsinkiHelsinqui]], en 1983.
 
En HelsinkiHelsinqui conseguiu o campionato cun salto de 5,70 m. A partir de aí, empeñouse en demostrar que non lograra o título de casualidade e mellorou ano tras ano. En 1984 logrou o seu primeiro récord mundial, baixo teito, cunha marca de 5,81 metros, que logo superou en tres ocasións. Ao aire libre marcou 5,85 m, e superouno catro veces. Nese ano bateu nove récords mundiais en total.
 
Por mor do [[boicot]] do bloque comunista aos [[Xogos Olímpicos de 1984|Xogos Olímpicos dos Ánxeles]] tivo que esperar catro anos para gañar a súa primeira medalla olímpica. Asemade, gañou todos os campionatos do mundo ata 1997.