Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 297:
Xoana pisaría [[Compiègne]] (unha vila bañada polo [[Río Oise|Oise]], un afluente do [[Río Sena|Sena]] que esta en territorio borgoñón) por primeira vez a mediados do mes de agosto, aproximadamente o 18 xunto co exército e o rei. Unha vez alí a cidade abriu as portas á súa chegada. A situación chegou a ser un pouco peculiar, porque o avance das tropas francesas cara a París contrastaba coa propia diplomacia armagnac, que se dedicaba a ofrecer pactos e entendementos cos borgoñóns, os verdadeiros inimigos naquela zona. O [[21 de agosto]] ata se chegou a unha pintoresca tregua que tiña como finalidade cesar os ataques durante catro meses ademais de ceder algúns pobos ao duque de Borgoña, así mesmo chegouse a prometer unha Conferencia de Paz de cara á primavera do seguinte ano. Naturalmente tratábase dunha estratexia para confiar ao inimigo borgoñón; xa que dous días despois da tregua, o 23, Xoana e o duque d'Alençon fóronse de Compiègne, deixando ao rei, para atacar finalmente o obxectivo final: París.
 
En dous días plantáronse en Saint-Denis (xusto diante da capital de Francia seguindo o curso do Senna) cun batallón. Desde alí querían lanzar os ataques contra as portas da fortificación parisinaparisiense. Pero tiveron que esperar á chegada do rei para un ataque contundente e definitivo, que se fixo efectivo en Saint-Denis o [[7 de setembro]]. Así pois, ao día seguinte decidiuse atacar pola porta de [[Saint-Honoré]], que quedaba ao noroeste da cidade. A ofensiva resultou un fracaso dada a resistencia borgoñoa combinada coa xa anticipada tendencia tamén proborgoñoa dos seus habitantes. Ademais, Xoana foi ferida por unha frecha nunha coxa. Isto acelerou a decisión de que o rei estaba destinado a tomar: a retirada (efectiva o [[10 de setembro]]). Esta decisión era totalmente a contraria da que querería Xoana, que como nas outras batallas demostrara coraxe e valentía.
[[Ficheiro:Contemporaine afb jeanne d arc.png|miniatura|''Xoana no parlamento de París'' ([[1429]]), gravado de [[Clément de Fauquembergue]].]]
Xoana retornou a Saint-Denis o día 9, onde deu grazas a Deus polo feito de que non fose mortal. A partir daquel momento, o delfín, entón rei, tomou plenamente o control da situación no seo do seu exército e a súa corte, pasando a ser a figura máis influente nas decisións do mesmo; obviar as voces de Xoana que ata agora había ter en conta. Así pois, puxo freo e detivo a campaña militar, o que, a partir de aquí, supuxo un factor de tensión coa propia Xoana. Con aquela parada o rei francés non expresaba a intención de abandonar definitivamente a loita, senón que simplemente optaba por pensar e defender a opción de conquistala mediante a paz, tratados e outras oportunidades nun futuro. Precisamente esta é a vía que decidiu priorizar como máximo dirixente, a vía do pactismo.