Igrok: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Literatura}}
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 43:
Despois de ensinarlle a mecánica da mesa da ruleta, xoga e gaña unha cantidade significativa de cartos. Tras un breve regreso ao hotel, volve á mesa da ruleta e comeza a perder, e enviciada polo xogo termina por deixar na mesa case cen mil [[rublo]]s antes de irse da cidade. Cando Alexei regresa á súa habitación, despois de enviar á tía á estación de tren, é recibido por Polina. Ela dille que De Grieux deixou a cidade logo de condonar ao Xeneral unha parte das hipotecas na súa propiedade. A continuación, explica que non podía corresponder ao amor de Alexei debido a que estaba en débeda con De Grieux. Ao oír isto Alexei sae correndo da habitación e diríxese ao casino, onde comeza a xogar nun estado case febril e gaña máis de douscentos mil rublos. Volve á habitación, onde o agarda Polina, e ante ela baleira sobre a cama os petos cheos de [[ouro]] e billetes de banco. Quedan durmidos no sofá, e ao día seguinte ela dille que o odia e que quere estar co Sr. Astley. Estes dous tiveran xa varios encontros, e supúñase que debía encontrarse con el se non quedase durmida na habitación. Sae correndo do hotel e Alexei non volve vela.
 
Sabendo que o Xeneral non recibiría a agardada herdanza, a señora de Cominges abandona o hotel acompañada da súa nai rumbo a [[París]], e Alexei únese a elas. Permanece en París durante un mes e déixase levar pola nobre, gastando a súa fortuna en cabalos e frivolidades para que ela acade un nome na sociedade parisinaparisiense.
 
Alexei comeza a xogar para sobrevivir. Porén, perde todos os cartos e é levado ao cárcere tres meses, pero alguén paga a súa débeda e pode saír. Un día atópase co Sr. Astley nun banco do parque de [[Bad Homburg]] e charla con el. Este dille que Polina está en [[Suíza]] e que o ama de verdade. Astley dálle algo de cartos, coa esperanza de que Alexéi non o gaste no xogo.