Substratos do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 72:
Este patrimonio léxico é máis abundante có anterior e o seu rango de distribución varía dende usos locais na Hispania ata compartido con correspondencias no outro extremo de Europa. Exemplos destes casos son ''cigarra'' (ou ''chicharra''), ''chota, choto, tepe'' distribuídos tamén en Asia Menor; ''caxigo, codeso'' nos Balcáns e Mediterráneo; ''arroio, támaro'' en Italia; ''bruxa, toxo'' en Francia; fronte a ''becerro'', exclusivamente hispánica.
 
Como resumo de todo o dito sobre os preindoeuropeos, considéranse dúas as vías de penetración do léxico preindoeuropeo na Hispania prerromana: polos [[Pireneos]] (probablemente con moita relacion co éuscaro) e polo sur e polo leste dende o norte de África, o Mar Mediterráneo e o Oriente Próximo (tamén cun paralelismo nas culturas [[Tartessos|tartesiatartesa]], [[fenicio|fenicia]], [[púnico|púnica]] e [[ibero|ibérica]]).
 
Ademais, non se pode identificar o íbero nin como antecedente do éuscaro nin como a única lingua da Península (aínda que se puidese ser a lingua franca, cultural ou comercial do levante). Con todo, quedan máis voces prerromanas sen adscribir que as asignables a algunha familia.