As aves na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
curuxa: máis
Liña 276:
 
== A [[curuxa]] ==
Como xa se dixo ó falar do [[corvo]], tamén se considera a curuxa –como tódalas aves rapaces nocturnas- como un animal de mal agoiro, e anuncia unha [[A morte na cultura popular galega|morte]] próxima cando voa ou gralla nas proximidades dunha casa onde hai unha persoa enferma <ref>Eladio Rodríguez González, s. v. ''curuxa''. Vicente Risco: ''Cultura espritual'', 416.</ref>. De aí o nome que se lle dá de ''paxaro da morte''.
 
Tamén se cre que entra nas igrexas, atraída pola luz das lámpadas, a beber o aceite que conteñen.
 
; Léxico:
* ''Curuxa'' é un dos nomes populares do peixe coñecido como [[curuxo|sollo]] ou curuxo (coas variantes ''caruxo, coruxo e cruxo'') (''Scophthalmus rhombus'') <ref>M. do Carme Ríos Panisse: ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces'', 1977, Universidade de Santiago, Verba anexo 7.</ref>.
* ''Curuxa'': nome do [[bugallo]] do carballo, así chamado porque, facéndolle un burato, se converte nun silvato que emite un son semellante ó berro da curuxa.<ref>Xosé Luís Franco Grande: ''Diccionario galego-castelán'' (1972).</ref>.
 
; Locucións:
* ''Sai a curuxa ó seu souto'' <ref>[[Padre Sobreira|Juan Sobreira Salgado]]: "Vegetables de Galicia" 1790, en J. L. Pensado Tomé: ''Opúsculos lingüísticos del siglo XVIII'', Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241-267, s. v. ''souto''.</ref>.
* ''Verlle o cu á curuxa'': atoparse alguén nun grave apuro <ref name="Victoria Cerviño Ferrín"/>.
* ''Xa viu os ollos á curuxa'': dise da persoa afeita a tódalas adversidades, que está de volta de todo <ref name= "ERG, curuxa">Eladio Rodríguez González, s. v. ''curuxa''.</ref><ref>Eladio Rodríguez González, s. v. ''ollo''.</ref>.
 
; Refraneiro:
* ''Auga noitega, curuxa tardega'' <ref>Eladio Rodríguez González, s. v. ''auga''.</ref>..
* ''Cregos, frades, curuxas e choias, dou ó diaño esas catro xoias'' <ref name="ReferenceB"/> <ref>Eladio Rodríguez González, s. v. ''crego''.</ref>.
* ''Curuxa noiteira, malladores á eira'' <ref name= "ERG, curuxa"/>.
* ''Curuxa tardega, auga noitega'' <ref name= "ERG, curuxa"/>.
 
; Cantigueiro:
* ''A vida da miña vida,/ canta a curuxa no souto;/ se falandes de cantares/ como o Palmela n’hai outro'' <ref name="Limia Baixa"/> <ref>O ''Palmela'' foi un poeta moi popular no século XIX, natural de [[Lobios]].</ref>.
* ''Canta a curuxa no souto:/ coitadiño do que espera/ polo que está nas maus doutro!'' <ref name="Limia Baixa"/>.