As aves na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
corvo: máis
Liña 140:
Xa [[Martín Sarmiento|Sarmiento]] recolleu que os cativos respectan os niños de carrizo e nunca andarán no niño nin collerán as crías <ref>Frei Martín Sarmiento: ''Obra de 660 pliegos'' (1762): "''Los muchachos tienen unas devotas supersticiones en virtud de las cuales casi veneran al carrizo y no le harán daño ni le desharán su nido''".</ref>. [[Eladio Rodríguez]] explica este feito (e, consecuentemente, a persecución a que someten ó [[chasco]]) na lenda de que, cando a [[Sagrada Familia (cristianismo)|Sagrada Familia]] fuxía a Exipto, os soldados de [[Herodes]] preguntaron a un carrizo se os vira pasar. O paxaro contestou: ''Tin tin, tin tin, por aquí non os vin''. Logo preguntaron ao mesmo a un chasco e este contestoulles: ''Chas chas; por aí ben vas'' <ref>Eladio Rodríguez González, s.v. ''tinque'' e s.v. ''chasco''.</ref>. [[Aníbal Otero]] recolleu a mesma lenda na [[A Estrada|Estrada]] <ref>Aníbal Otero Álvarez: "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", en ''Cuadernos de Estudios Gallegos'' XIII, 1949, 171-200.</ref>.
 
Neste mesmo sentido, en [[Cambados]] crese que quen colla unha carriza sufrirá mala sorte <ref name="Adela Leiro">Adela Leiro Lois (dir.): ''Cambados: a tradición oral''. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986, px. 67.</ref>.
 
Tamén di Sarmiento <ref>Frei Martín Sarmiento: ''Obra de 660 pliegos''.</ref> que se se pon a asar un carrizo, o asador dará voltas sen que ninguén o toque. Ou que, aínda sendo tan pequeno como é, pode apoñerse a unha [[aguia]] se esta o chega a acosar. Finalmente, tamén di que a súa carne ten propiedades medicinais e que comer dela pode curar as pedras no [[ril]].
Liña 200:
== O [[corvo]] ==
[[Ficheiro:Ricinus comm leaves.jpg|250 px|dereita|miniatura|Rícino ou herba do corvo]]
En Galicia, o corvo está considerada unha ave de mal agoiro (como tamén o é o can que ouvea de noite, a curuxa que vén pousar no tellado da casa ou o moucho que vén cantar), tanto pola cor [[negroA (cor) negra na cultura popular galega|negra]] da súa plumaxe, por comer carniza ou polo seu desagradable grallar. Ver un corvo no camiño, ou voando nas proximidades da casa ou que pase berrando por riba do tellado, agoira unha [[A morte na cultura popular galega|morte]] próxima na casa <ref>Vicente Risco: "Cultura espritual", en ''Historia de Galiza'' tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 416).</ref>. Por iso, cando se ve algún, hai que dicirlle: "''Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta''" <ref>Segundo Mariño Ferro, esta crenza xa fora recollida por [[Plinio o Vello]].</ref>. Aínda así, en Cambados coidan que dá mala sorte matar un corvo <ref name="Adela Leiro"/>.
 
[[Francisco Lanza]] conta que na comarca de [[Ribadeo]] contan que cando os corvos voan pola mañá desde [[Asturias]] cara Galicia, din que ''veñen pra a escola''; e que cando regresan á noite, ''volven da escola'' <ref name= "ERG, corvo">Eladio Rodríguez González, s. v. ''corvo''.</ref>.
Liña 213:
Finalmente, forma parte do nome de dúas aves:
* ''corvo cereixeiro'' ou [[ouriolo]] (''Oriolus oriolus'') <ref>Elixio Rivas Quintas 2001, s. v. ''corvo''.</ref>.
* ''corvo do mar, corvo mareiro, corvo mariñeiro'', o [[corvo mariño]], ave mariña do xénero ''Phalacrocorax'' <ref>Eladio Rodríguez e Ríos Panisse 1983.</ref>.
 
; Locucións:
* ''Facer a ida do corvo'': marchar e non volver. A frase fai alusión ó corvo que soltou [[Noé]] para saber se xa había terra firme <ref name="José María Pereda Álvarez"/>.
* ''Máis negro que un corvo'': dise da persoa de cor moi escura. así como de calquera cousa de cor negra intensa <ref>Eladio Rodríguez González, s. v. ''negro''.</ref>.
 
; Refraneiro:
* ''Corvo que estás no bico da pena, o que ouves por outro por tí o espera'' <ref name="ERG, corvo"/>.
* ''Corvos en bandada, ou sombra ou preada'' <ref name="ERG, corvo"/>.