Sinan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 79:
[[Hagia Sophia|Santa Sofía]], construída polos « infieis » constituía a teima dos arquitectos musulmanos. A idade de 80 anos, entre [[1569]] e [[1574]], '''Sinan''' contruíu para [[Selim II]] a [[Mesquita de Selim (Edirne)|Mesquita de Selim]] (''Selimiye Camii''), en [[Edirne]] (Andrinópole). Por primeira vez, superabanse as dimensións de Santa Sofía.
 
Nesta edificación, que o mesmo arquitecto coidaba como a obra do seu período de mestrado, puxo en práctica o principio da cúpula sobre plano octogonal, problema que xa tentara resolver na mesquita de Rüstem Pachá. '''Sinan''' ergue aquí a cúpula maior —con un—cun diámetro de 31 metros— de todas as que executara. Está sostida por oito piares, e mercé ao espazo que recobre, dá impresión de que o interior do templo é maior do que é na realidade. A cúpula determina así mesmo a visión das liñas principais da fachada externa do santuario. O resto das construcións do complexo están detrás da mesquita. Os catro alminares reclaman a atención desde o primeiro momento. Estes minaretes, de aspecto elegante, foron instalados nas catro esquinas da plataforma cadrada sobre da cal se eleva a mesquita. Nesta obra, '''Sinan''' mostra o seu xenio, que non só vía, senón que era capaz de interpretar a herdanza recibida da Anatolia, única no mundo. Esta mesquita, aínda cando non é a súa derradeira obra, está considerada, con xustos títulos, como unha obra mestra que culmina a síntese da arquitectura turco-otomá da época clásica. Fixa, por así dicilo as regras dese período, pola súa estrutura, o tratamento do espazo, as súas proporcións e a súa ornamentación.
 
=== A Mesquita de Sokollu Mehmet Pachá ===