As aves na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Carrizo: máis
Liña 136:
== O [[carrizo (paxaro)|carrizo]] ==
[[Ficheiro:Eurasian-Wren-Troglodytes-troglodytes.jpg|250px|dereita|Carrizo]]
O carrizo, carriza, garrizo, pitorrei ou tinque, é un dos paxaros máis pequenos de Galicia. Hai autores que afirman que o seu canto anuncia chuvias <ref>Francisco Javier Rodríguez: ''Diccionario gallego-castellano'' (1854): ''No se le oye sino para anunciar lluvia pronta, y es un barometro seguro que da agua pronta''; Juan Cuveiro Piñol: ''Diccionario gallego'' (1876): ''su cántocanto es anuncio de mal tiempo ó lluvia''.</ref>, aínda que modernamente se nega este prognóstico <ref name= "ERG, carrizo">Eladio Rodríguez González, s. v. ''carrizo''.</ref>.
 
Xa [[Martín Sarmiento|Sarmiento]] recolleu que os cativos respectan os niños de carrizo e nunca andarán no niño nin collerán as crías <ref>Frei Martín Sarmiento: ''Obra de 660 pliegos'' (1762): "''Los muchachos tienen unas devotas supersticiones en virtud de las cuales casi veneran al carrizo y no le harán daño ni le desharán su nido''".</ref>. [[Eladio Rodríguez]] explica este feito (e, consecuentemente, a persecución a que someten ó [[chasco]]) na lenda de que, cando a [[Sagrada Familia (cristianismo)|Sagrada Familia]] fuxía a Exipto, os soldados de [[Herodes]] preguntaron a un carrizo se os vira pasar. O paxaro contestou: ''Tin tin, tin tin, por aquí non os vin''. Logo preguntaron ao mesmo a un chasco e este contestoulles: ''Chas chas; por aí ben vas'' <ref>Eladio Rodríguez González, s.v. ''tinque'' e s.v. ''chasco''.</ref>. Neste sentiodo, en [[Cambados]] crese que quen colla unha carriza sufrirá mala sorte <ref>Adela Leiro Lois (dir.): ''Cambados: a tradición oral''. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986, px. 67.</ref>.
 
Tamén di Sarmiento <ref>Frei Martín Sarmiento: ''Obra de 660 pliegos''.</ref> que se se pon a asar un carrizo, o asador dará voltas sen que ninguén o toque. Ou que, aínda sendo tan pequeno como é, pode apoñerse a unha [[aguia]] se esta o chega a acosar. Finalmente, tamén di que a súa carne ten propiedades medicinais e que comer dela pode curar as pedras no [[ril]].
 
; Léxico:
Co nome de ''carrizo'' desígnase o que as fontes describen como unha ''especie de gaviota pequeña'' <ref>Eladio Rodríguez, Franco Grande.</ref>. Ríos Panisse supón que se trata do [[carrán común]] (''Sterna hirundo'') <ref name= "MCRP 1983">Ríos Panisse 1983.</ref>.
 
Como adxectivo, ''carrizo'' describe a unha persoa de baixa estatura ou un animal moi pequeno <ref name="ERG, carrizo"/>.
 
; Locucións:
* ''Chufa, carrizo, qu'eí vén o inverno!'': expresión coa que se critica ironicamente a quen, sendo realmente un covarde ou débil, quere aparentar ante os demais de ser forte e valente <ref>José María Pereda Álvarez: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en ''Douro Litoral'', 1953, VII-VIII, pp. 19-52. Localízao en [[Verín]].</ref>.
 
; Cantigueiro
* ''O chasco e mais o carrizo/ e mais o escarabello/ anduveron ôs moquetes/ no medio do aparello'' <ref name="Fermín Bouza Brey 1929"/>.
* ''O pisco e maila carriza/ trataron unha beillada,/ cando o pisco daba voltas/ a carriza punteaba'' <ref name="Limia Baixa"/> <ref>O pisco é o [[paporroibo]].</ref>.
* ''Si ti viras o que eu vin/ no picacho do Barizo:/ setenta e cinco canteiros/ a cabalo dun carrizo'' <ref name="Corme"> Xosé Ramón Fernández-Oxea: "Cancionero y refranero de Corme", en ''RDTP'' 1951. [[Barizo, Malpica de Bergantiños|San Pedro de Barizo]] é unha parroquia do concello de Malpica de Bergantiños.</ref>.
* ''Sei un niño de carrizo/ no cañoto dun repolo,/ déronme as mozas con il,/ levaron cañoto e todo'' <ref name="Limia Baixa"/>.
* ''Teño un niño de carrizo/ nometidiño pasadoironunha da eira;xesta,/ vamossi carriciño,as vamos,/nenas vamosme verdan ácon costureira''el/ <ref>Real¡Ai, Academiameu Galega 1913Deus!, s.que v.teñen festa''carrizo'' </ref name="Corme"/>.
* ''Teño un niño de carrizo/ no pasadoiro da eira;/ vamos carriciño, vamos,/ vamos ver á costureira'' <ref>[[José Benito López Losada|Benito Losada]], citado no ''Diccionario'' da Real Academia Galega 1913, s. v. ''carrizo''.</ref>.
 
== A [[cegoña branca|cegoña]] ==