A Pousa, Monterrei, Monterrei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
m Actualizo o dato de poboación
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 18:
O núcleo tradicional da Pousa é compacto e lineal. Ten planta en L cunhas dimensións duns 160 por 110 m. Disponse sobre unha estrutura viaria lineal, todo ao longo da rúa da Fonte, que é o camiño de Verín, cunha extensión menor e menos compacta que baixa pola rúa de Monterrei, que é o camiño de Vilela. Distínguense dous barrios: ao norte, o que se desenvolve no cruce entre a rúa da Fonte e a de Monterrei, e ao sur o que se dispón ao longo da rúa da Fonte mesma.
 
Á marxe do núcleo tradicional téñense desenvolvido algúns aglomerados de escasa densidade formados ao longo da estrada OU-1021 nun tramo duns 700 m. As tipoloxías empregadas son alleas ao entornocontorno rural, principalmente vivendas, aínda que tamén ten algúns edificios industriais e, máis na periferia, dotacionais.
 
O acceso rodado faise principalmente dende Verín e Laza, a través da estrada OU-1021, de titularidade da [[Deputación Provincial de Ourense]]. Tamén é posible a comunicación rodada cos núcleos do leste, alén do río Támega, a través das pistas da concentración parcelaria.