Diferenzas entre revisións de «Terra e Tempo»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (→‎Historia e características: amaño ligazón morta)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
 
== Historia e características ==
O número 1 de ''Terra e Tempo'' foi editado en [[1965]], dúas sinxelas pregas de papel. O seu carácter inicial, fundamentalmente teórico, corresponde con unhacunha etapa de conformación dun espazo político e ideolóxico definido no que a consolidación dun núcleo militante relativamente reducido requiría clarificación e formación política. A expansión organizativa e a maior introdución social vanse plasmando ao longo de [[1971]] coa introdución de artigos sobre a conxuntura política, marcando o número de marzo de [[1972]] un primeiro punto de inflexión no carácter da publicación: ao lado de artigos de índole teórica e programática aparecen abundantes informacións sobre as principais loitas políticas e sociais do momento, con especial atención ao mundo do traballo. O sumario dese número constitúe un exemplo do rumbo político da UPG e dos seus esforzos por introducirse na clase obreira.
 
Os números dos anos 72-74 amosan o proceso de decantación como partido comunista, e os dos anos 75-77 reflicten intensos debates sobre estratexia e táctica políticas provocados polo fin da Ditadura e pola reforma política no Estado Español. Desde [[1977]] até 1981 regularizase a súa edición e difusión, consecuencia da intensa actividade pública da UPG como integrante, xunto coa [[AN-PG]], da coalición político-electoral [[Bloque Nacional Popular Galego]].
16.098

edicións