Toquio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Tokyo_Metro_05N_Series_05-138F_20190210.jpg" que foi borrado en Commons por 1989. Motivo: Copyright violation; see Commons:Licensing ([[:c:COM:CSD#F1
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 53:
No [[1853]], o comandante [[EUA|norteamericano]] [[Matthew Perry]] desembarcou na [[Baía de Toquio]], á fronte dunha frota de catro navíos de guerra, como un enviado do goberno norteamericano, coa misión de instituír relacións diplomáticas e comerciais, entre o Xapón e os Estados Unidos. Perry volveu á Toquio no ano seguinte, no [[1854]], á fronte dunha frota maior do que a anterior, e asinou un tratado diplomático entre os líderes de goberno do Xapón. No ano seguinte, o Xapón asinaría tratados de cuño diplomático con outros países da Europa, marcando o inicio da influencia da cultura occidental en todo o país.
 
Os ''Tokugawa'' foron depostos no [[1867]]. No [[1869]], o Emperador [[Emperador Meixi|Mexitsu]] (ou ''Mutsuhito'') mudouse para Edo, e o nome desta foi mudado para "Toquio", facendo da cidade oficialmente a capital do Xapón. Toquio significa, en [[xaponés]], "capital do oriente", e á época era constituída de 15 barrios diferentes (en comparación aos actuais 23). Desde entón, Toquio rapidamente adaptou moito da cultura occidental, e no final do século XIX, Toquio xa se parecía moito con unhacunha cidade occidental.
 
O [[1 de setembro]] de [[1923]], Toquio foi atinxida por un [[terremoto|violento tremor sísmico]]. O terremoto e o incendio que se seguiu causaron a morte de máis de 120 mil persoas, ben como a destrución da maior parte de Toquio. Toquio foi lentamente reconstruída ao longo dos próximos 15 anos. Neste período, barrios veciños a Toquio comezaron a desenvolverse. No [[1932]], outros distritos, cidades e vilas veciñas foron anexadas a Toquio, que formal o seu actual límite municipal. Xa durante a [[segunda guerra mundial]], en [[1943]], o goberno xaponés decidiu instituír a ''Provincia Metropolitana de Toquio''.