Fenicios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 57:
Non todas estas divindades son semíticas en orixe; poden corresponder a deuses prefenicios subsistentes e que acabaron asimilados. Á súa vez o panteón fenicio complicouse, porque sufriu o [[sincretismo]] exipcio, helénico e romano, de xeito que [[Baalat]] foi asimilada a [[Hathor]], [[Melqart]] a [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]], [[Baal Hammón]] a [[Cronos]]/[[Saturno]], [[Tanit]] a [[Hera]]/[[Xuno]] etc.
 
En canto aos seus templos, as escavacións en Oriente de lugares como [[Hazor]], [[Betshan]], [[Alalaj]], [[Tell Taynat]] e na chaira de [[Sharon]], xunto con as indicacións bíblicas sobre o [[templo de Salomón]] en [[Xerusalén]], construídos por arquitectos fenicios, permítenos saber que tiñan unha división tripartita con uncun ''pórtico dianteiro'', máis estreito que o corpo do edificio, un ''vestíbulo'' e un ''sancta sanctorum''. Como no templo de Salomón, dúas columnas erguíanse na entrada. Porén, parte dos santuarios están ao aire libre, no alto de outeiros ou montes, sinalados soamente con [[altar]]es circulares ou con [[betilo]]s. Nas colonias estes santuarios poden situarse en lugares chairos.
 
O aspecto máis coñecido dos cultos fenicios son os sacrificios humanos. Sacrifícanse os primoxénitos (acto designado como ''[[molk]]''), seguramente para tentar asegurar o resto da descendencia. Efectúanse sacrificios en masa para aplacar o furor dos deuses, especialmente en caso de derrota militar. O lugar de sacrificio é denominado ''[[tofet]]'', tomado dun topónimo bíblico. Con todo, foi frecuente o sacrificio, por substitución, dun animal.