Diferenzas entre revisións de «Commodore 64»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
O Commodore&nbsp;64 dominou o mercado de ordenadores persoais de baixa gama durante gran parte dos anos 1980.<ref>{{Cita web|url=http://www.pcworld.com/article/152528/comm64.html|title=Inside the Commodore 64|date=4 de novembro de 2008|work=PCWorld|accessdate=17 de novembro de 2014}}</ref> Entre os anos 1983 e 1986 o Commodore&nbsp;64 tiña entre un 30% e o 40% da cota de mercado nos [[Estados Unidos]] e vendeu uns dous millóns de unidades por ano,<ref name="Reimer">{{Cita web|url=http://arstechnica.com/features/2005/12/total-share/|title=Total share: 30 years of personal computer market share figures|last=Reimer|first=Jeremy|publisher=Ars Technica|accessdate=10 de outubro de 2014}}</ref> vendendo máis unidades que os ordenadores de [[IBM]], [[Apple Inc.]] e [[Atari 8-bit]]. No mercado británico, a principal competición do Commodore&nbsp;64 foron o [[BBC Micro]] e o [[ZX Spectrum]],<ref>{{Cita web|url=http://www.bbc.com/news/technology-19055707|title=Commodore 64 Turns 30}}</ref> pero o Commodore&nbsp;64 mantívose como un dos dous ordenadores máis populares no [[Reino Unido]].<ref name="Billboard Nov 1984">{{Cita publicación periódica | last = Zuckerman | first = Faye | title = Now Playing | journal =BillBoard | volume = 96 | issue = 46 | page =23 | publisher = Billboard Publications | date = 17 de novembro de 1984 }}</ref>
 
Parte do éxito do Commodore 64 foi debido a que se vendeu en tendas de todo tipo no lugar de facelo só en tendas de electrónica ou de computadoras. Commodore produciu moitas das súas partes na súa propia empresa para controlar os custos, incluíndo [[chip]]s IC personalizados de [[MOS Technology]]. Foi comparado co automóbil [[Ford T]] polo seu papel na introdución de nova tecnoloxía nas casas de clase media grazas a súa creativa produción en masa.<ref name="Kahney">{{Cita web|url= http://www.wired.com/culture/lifestyle/news/2003/09/60349|title=Grandiose Price for a Modest PC |last=Kahney|first=Leander|date=9 de setembro de 2003|publisher=CondéNet, Inc|accessdate=13 de setembro de 2008}}</ref> Publicáronse ó redor duns 10&nbsp;000 títulos de [[software]] comercial para o Commodore&nbsp;64, incluíndo ferramentas de desenvolvemento, aplicacións de produtividade para a oficina e [[videoxogo]]s.<ref name="Impact">{{Cita web|url=http://www.computerhistory.org/events/video/75/|title=Impact of the Commodore 64: A 25th Anniversary Celebration|publisher=Computer History Museum|accessdate=13 de setembro de 2008|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20171003111509/http://www.computerhistory.org/events/video/75/|dataarquivo=03 de outubro de 2017|urlmorta=si}}</ref> Os emuladores de Commodore&nbsp;64 permiten executar estes programas con uncun ordenador moderno ou [[videoconsola]] compatible.<ref name="use">{{Cita web|last=Swenson|first=Reid C.|title=What is a Commodore Computer? A Look at the Incredible History and Legacy of the Commodore Home Computers|publisher=OldSoftware.Com|year=2007|url=http://www.oldsoftware.com/history.html| accessdate=19 de novembro de 2007}}</ref>
 
==Notas==
27.968

edicións