Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Aprofa (conversa | contribucións)
Liña 1.013:
Moitas grazas polas correcións na miña páxina de usuario :), pero coméntoche que non se deben facer cambios nesas páxinas salvo que vaian en contra das políticas (meter grallas aí non está perseguido, polo menos polo momento ;) Eu agradézoche moito os arranxos, pero ó mellor outros non..., pero sempre podes comentalos nas páxinas de conversa que aí non hai problema.
Por outra banda, hai tempo que quería comentarche un detalle, xa hai algúns videotitoriais de axuda da Gali, póñochos aquí. Non son gran cousa pero mellor que nada si :) Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 8 de xuño de 2020 ás 11:46 (UTC)
 
Non creas que non o pensei pero como eran grallas decidín atreverme. Grazas, sempre contestas cunha rapidez abraiante. Pois mira, andei onte por aquí porque estiven fa´céndolle fotos ao monumento homenaxe a Rafael Dieste que hai en Rianxo, que é obra de Francisco Pérez Porto e vin que non ten artigo na Galipedia. O caso é que necesito un titorial (váleme gravación desastrosa de móbil sen calidade) de como podo coller un artigo xa feito doutro escultor e usalo de modelo para facer o de Pérez Porto. Ou xa hai titorial diso? Grazas por adiantado. --[[Aprofa:Aprofa|Aprofa]] ([[Conversa usuario:Aprofa|Dime algo aquí]]) 8 de xuño de 2020 ás 12:22 (UTC)