Factor de crecemento derivado de plaquetas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
}}
 
O '''factor de crecemento derivado de plaquetas''' ('''PDGF''', do inglés ''platelet-derived growth factor'') é un dos numerosos [[factor de crecemento|factrores de crecemento]] que regulan o crecemento da [[célula (bioloxía)|célula]] e a súa [[división celular|división]]. En particular, o PDGF xoga un papel significativo na [[Anxioxénese|formación de vasos sanguíneos]], o crecemento de vasos sanguíneos desde tecido de vasos sanguíneos xa existentes, a mitoxénese, é dicir, a proliferación de células [[mesénquima|mesenquimais]] como os [[fibroblasto]]s, [[osteoblasto]]s, [[tenocito]]s, células de [[músculo liso]] vasculares e [[célula nai|células naisnai]] mesenquimais, así como na [[quimiotaxe]], a migración dirixida de células mesenquimais. O factor de crecemento derivado de plaquetas é unha [[glicoproteína]] [[dímero|dímera]] de dúas subunidades A (PDGF-AA), ou de dúas subunidades B (PDGF-BB), ou dunha de cada (PDGF-AB).
 
O PDGF<ref name="PUB00000590">{{Cita publicación periódica |vauthors=Hannink M, Donoghue DJ | title = Structure and function of platelet-derived growth factor (PDGF) and related proteins | journal = Biochim. Biophys. Acta | volume = 989 | issue = 1 | pages = 1–10 | year = 1989 | pmid = 2546599 | doi = 10.1016/0304-419x(89)90031-0 }}</ref><ref name="PUB00001228">{{Cita publicación periódica | author = Heldin CH | title = Structural and functional studies on platelet-derived growth factor | journal = EMBO J. | volume = 11 | issue = 12 | pages = 4251–4259 | year = 1992 | pmid = 1425569 | pmc = 556997 }}</ref> é un potente [[mitóxeno]] para as células de orixe [[mesénquima|mesenquimático]], incluíndo os [[fibroblasto]]s, [[célula muscular lisa|células do músculo liso]] e [[célula glial|células gliais]]. Tanto en ratos coma en humanos, a rede de sinalización de PDGF consta de cinco ligandos, denominados do PDGF-AA ao -DD (incluíndo tamén o -AB), e dous [[receptor (bioloxía)|receptores]], PDGFRalfa e PDGFRbeta. Todos os PDGF funcionan como homodímeros ligados por [[ponte disulfuro|disulfuro]] segregados, mais só os PDGFA e B poden formar heterodímeros funcionais.
Liña 42:
O PDGF é un elemento requirido para a división celular dos [[fibroblasto]]s, un tipo de célula do [[tecido conectivo]] que é especialmente abundante en áreas onde se están a curar feridas.<ref name="pmid16970222"/> En esencia, os PDGF permiten que unha célula salte os [[ciclo celular|puntos de control G1]] para dividirse.<ref name="pmid15784165">{{Cita publicación periódica |vauthors=Song G, Ouyang G, Bao S | title = The activation of Akt/PKB signaling pathway and cell survival | journal = J. Cell. Mol. Med. | volume = 9 | issue = 1 | pages = 59–71 | year = 2005 | pmid = 15784165 | doi = 10.1111/j.1582-4934.2005.tb00337.x }}</ref> Demostrouse que en [[monocito]]s-[[macrófago]]s e fibroblastos, o PDGF administrado exoxenamente estimula a quimiotaxe, proliferación e [[expresión xénica]] e aumenta significativamente o fluxo de células inflamatorias e fibroblastos, acelerando a matriz extracelular e formación de [[coláxeno]], reducindo así o tempo do proceso de curación de feridas.<ref name="pmid2045423">{{Cita publicación periódica |vauthors=Pierce GF, Mustoe TA, Altrock BW, Deuel TF, Thomason A | title = Role of platelet-derived growth factor in wound healing | journal = J. Cell. Biochem. | volume = 45 | issue = 4 | pages = 319–26 | date = April 1991 | pmid = 2045423 | doi = 10.1002/jcb.240450403 }}</ref>
 
En canto á diferenciación osteoxénica de células naisnai mesenquimais, comparando o PDGF co [[factor de crecemento epidérmico]] (EGF), que está tamén implicado na estimulación do crecemento celular, proliferación e diferenciación,<ref name="Kratchmarova, I 2005" /> as células naisnai mesenquimais teñen unha diferenciación osteoxénica máis forte orixinando células formadoras de óso cando son estimuladas con factor de crecemento epidérmico que se o son con PDGF. Porén, ao compararmos as vías de sinalización entre eles obsérvase que a vía [[PI3K]] é activada exclusivamente polo PDGF, mentres que o EGF non ten ningún efecto nela. Inhibir quimicamente a vía PI3K en células estimuladas por PDGF anula o efecto diferencial entre os dous factores de crecemento, o que dá realmente ao PDGF unha vantaxe na diferenciación osteoxénica.<ref name="Kratchmarova, I 2005">{{Cita publicación periódica |vauthors=Kratchmarova I, Blagoev B, Haack-Sorensen M, Kassem M, Mann M | title = Mechanism of divergent growth factor effects in mesenchymal stem cell differentiation | journal = Science | volume = 308 | issue = 5727 | pages = 1472–7 | date = June 2005 | pmid = 15933201 | doi = 10.1126/science.1107627 }}</ref> A [[wortmannina]] é un inhibidor específico de PI3K, e o tratamento de células con wortmannina en combinación con PDGF ten como resultado o aumento da diferenciación de [[osteoblasto]]s en comparación co uso de PDGF só, e tamén comparado con EGF.<ref name="Kratchmarova, I 2005"/> Estes resultados indican que a adición de wortmannina pode incementar significativamente a resposta das células da liñaxe osteoxénica en presenza de PDGF, e así podería reducir a necesidade de maiores concentracións de PDGF ou outros factores de crecemento, facendo do PDGF un factor de crecmento máis viable para a diferenciación osteoxénica que outros factores de crecemento máis caros usados actualmente neste campo, como [[BMP2]].<ref>Hayashi, A. The New Standard of Care for Nonunions?. AAOS Now. 2009.</ref>
 
O PDGF tamén mantén a proliferación de células proxenitoras de [[oligodendrocito]]s.<ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Barres BA, Hart IK, Coles HS, Burne JF, Voyvodic JT, Richardson WD, Raff MC | title = Cell Death and Control of Cell Survival in the Oligodendrocyte Lineage | journal = Cell | volume = 70 | issue = 1 | pages = 31–46 | year = 1992 | pmid = 1623522 | doi = 10.1016/0092-8674(92)90531-G }}</ref><ref name="ReferenceA">{{MeshName|Proto-Oncogene+Proteins+c-sis}}</ref> Tamén se atopou que o [[factor de crecemento de fibroblastos]] (FGF) activa unha vía de sinalización que regula positivamente os receptores de PDGF en células proxenitoras de oligodendrocitos.<ref name="pmid2171589">{{Cita publicación periódica |vauthors=McKinnon RD, Matsui T, Dubois-Dalcq M, Aaronson SA | title = FGF modulates the PDGF-driven pathway of oligodendrocyte development | journal = Neuron | volume = 5 | issue = 5 | pages = 603–14 | date = November 1990 | pmid = 2171589 | doi = 10.1016/0896-6273(90)90215-2 }}</ref>