Rudolf Steiner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 45:
{{cita|As ideas de Nietzsche do [[eterno retorno]] e do [[superhome]] permaneceron moito tempo na miña mente, pois nelas estaba reflectido o que unha personalidade debe sentir respecto á evolución e ao ser esencial da humanidade, cando a esta personalidade se lle impide captar o mundo espiritual, debido ao pensamento restrinxido da filosofía da natureza que caracterizou o final do século dezanove. O que me atraeu concretamente foi que un podía ler a Nietzsche sen encontrar nada que intente volver o lector «dependente» de Nietzsche.|Rudolf Steiner<ref>Rudolf Steiner: ''O curso da miña vida'', capítulo 18.</ref>}}
 
En 1897, Steiner deixou os arquivos de [[Weimar]] e mudouse a [[Berlín]]. Converteuse en propietario, editor xefe e contribuínte activo da revista literaria ''Magazin für Literatur'', onde esperou encontrar lectores que simpatizaran coa súa filosofía. O seu traballo na revista non foi ben recibido polos seus lectores, polo cal moitos subscriptoressubscritores se deron de baixa, sobre todo despois do impopular apoio de Steiner a [[Émile Zola]] no [[caso Dreyfus]]. A ''Magazin für Literatur'' perdeu máis subscriptoressubscritores despois de revelarse a íntima amizade de Steiner co escritor anarquista [[John Henry Mackay]] ao publicar Steiner extractos da súa correspondencia.<ref name=ref_duplicada_5>Gary Lachman, Rudolf Steiner, Tarcher/Penguin 2007</ref>
A xeral insatisfacción co seu traballo editorial conduciu finalmente á súa saída da revista.