Rhodobacter sphaeroides: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 16:
. As mellores condicións para o seu crecemento son as que lle permiten realizar a [[fototrofia]] [[organismo anaerobio|anaeróbica]] ([[fotoheterótrof|fotohererótrofa]] e [[fotoautótrofo|fotoautótrofa]]) se hai luz, e a [[quimioheterótrofo|quimioheterotrofia]] [[respiración celular|aeróbica]] en ausencia de luz.<ref>{{Cita publicación periódica| author=Mackenzie C, Eraso JM, Choudhary M, Roh JH, Zeng X, Bruscella P et al.| title=Postgenomic adventures with ''Rhodobacter sphaeroides''. | journal=Annu Rev Microbiol | year= 2007 | volume= 61 | pages= 283–307 | pmid=17506668 | doi=10.1146/annurev.micro.61.080706.093402}}</ref> ''R. sphaeroides'' tamén pode [[fixación do nitróxeno|fixar o nitróxeno]].<ref name="mmg.uth.tmc.edu">{{Cita web |url=http://mmg.uth.tmc.edu/sphaeroides/introduction/introduction.html |título=da Universidade de Texas sobre ''Rhodobacter sphaeroides'' |data-acceso=09 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090710033031/http://mmg.uth.tmc.edu/sphaeroides/introduction/introduction.html |dataarquivo=10 de xullo de 2009 |urlmorta=si }}</ref> É notablemente diversa metabolicamente, xa que pode crecer como [[heterótrofo|heterótrofa]] por medio de [[fermentación]]s e da respiración celular [[respiración celular|aeróbica]] e [[respiración anaeróbica|anaeróbica]].
 
''R. sphaeroides'' é un dos organismos máis importantes no estudo da fotosíntese bacteriana. Non require condicións moi inusuaisinfrecuentes para o seu cultivo e é incriblemente eficiente na súa fotosíntese. A regulación da súa maquinaria fotosintética é de grande interese para os investigadores, xa que ''R. sphaeroides'' ten un intricado sistema para percibir as concentracións de O<sub>2</sub>.<ref name="Kaplan2001">{{Cita publicación periódica | last1 = Oh | first1 = JI. | last2 = Kaplan | first2 = S. | title = Generalized approach to the regulation and integration of gene expression. | journal = Mol Microbiol | volume = 39 | issue = 5 | pages = 1116–23 |date=Mar 2001 | PMID = 11251830 | doi = 10.1111/j.1365-2958.2001.02299.x}}</ref> Ademais, cando se expón a unha diminución da presión parcial de O<sub>2</sub>, ''R. sphaeroides'' forma invaxinacións na súa [[membrana plasmática]]. O aparato fotosintético está albergado nesas invaxinacións,<ref name="Kaplan2001"/> as cales se chaman [[cromatóforo]]s.
 
O [[xenoma]] de ''R. sphaeroides'' é tamén bastante intrigante. Ten dous cromosomas, un de 3 Mb (chamado CI) e outro de 900 Kb (CII), e na natureza presenta cinco [[plásmido]]s. Moitos [[xene]]s están duplicados entre os dous cromosomas pero parecen estar regulados diferencialmente. Ademais, moitos dos [[marco de lectura aberto|marcos de lectura abertos]] (ORFs) en CII parecen codificar proteínas de función descoñecida. Cando se alteran algúns xenes de función descoñecida en CII, orixínanse diversos tipos de [[auxotrofia]], o que indica que CII non é simplemente unha versión truncada de CI.<ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1460784/pdf/10511537.pdf Mackenzie, C. et al. Multiple Chromosome in Bacteria: The Yin and Yang of trp Gene Localization in Rhodobacter sphaeroides] 2.4.1. Genetics 1999 October; 153(2): 525-538</ref>