Fender Jaguar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Reedición: Arranxos varios, replaced: custe → custo
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
A pesar de que a Jaguar e a Jazzmaster compartían o mesmo esquema de circuíto dual, a Jaguar tiña un circuíto secundario máis complexo, que consistía en tres interruptores na parte inferior: os dous primeiros eran interruptores para elixir entre as dúas pastillas, e o terceiro activaba un condensador que servía de filtro pasa-altos. O circuíto rítmico poñíase en funcionamento cando un dos interruptores superiores se activaba, dándolle á guitarra un son máis grave, tendo reguladores individuais de volume e ton. Outra das características da Jaguar era un resorte que mediante unha goma enmudecía as cordas. Este foi deseñado para guitarristas que facían "pal mute" durante moito tempo, cousa que era moi difícil coa ponte flotante da Jaguar. Este accesorio converteuse en moi impopular ao desafinar as cordas cando non se acciona axeitadamente.
 
Ao igual que a Jazzmaster e o [[Fender Bass VI|Bass VI]], a Jaguar tiña unha panca do trémolo flotante inusualinfrecuente, distinto ao sistema da Stratocaster. [[Leo Fender]] cría que este novo deseño era superior aos anteriores xa que a ponte se movía realmente cara adiante e cara atrás xunto coas cordas cando se usaba a panca, sen que estas se desafinasen cando se usaba moito. Este concepto de ponte flotante usaríase posteriormente tamén na [[Fender Mustang]]. O mecanismo do trémolo flotante incluía un trabador integrado para o trémolo, o cal axudaba ao guitarrista a preservar a afinación ante unha eventual rotura de corda. Aínda cando estas ideas parecían boas nos papeis, a unidade era propensa ao mal funcionamento, facendo disto un dos aspectos máis problemáticos da Jaguar e da Jazzmaster, facendo que moitos guitarristas elixisen a Stratocaster e a Telecaster.
 
Concibida como a principal guitarra de [[Fender]] dende o seu lanzamento en [[1962]], a Jaguar nunca tivo a popularidade da Stratocaster e a Telecaster. Despois de varias melloras a súa fabricación interrompeuse en [[1975]].