Diferenzas entre revisións de «Volcán»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Non existe un consenso real entre os vulcanólogos para definir cando un volcán está activo. A vida útil dun volcán pode variar desde meses até varios millóns de anos. Esta distinción, a miúdo non ten demasiado sentido sobre todo cando se compara coa expectativa de vida dos [[seres humanos]] ou, mesmo, das [[civilizacións]]. Por exemplo, moitos dos volcáns da Terra activáronse ducias de veces nos últimos mil anos, pero actualmente non están a mostrar signos de erupción. Tendo presente, pois, a longa vida útil dos volcáns estes son moi activos. Pero en comparación coa duración da vida humana, algúns poden facer interpretacións diferentes.
 
Os científicos adoitan considerar un volcán activo se actualmente está en erupción ou, se non é o caso, porque presentan sinais de inestabilidade, como pode ser unha [[actividade sísmica]] inusualinfrecuente ou unha emisión significativa de gases. Hai un certo consenso ao considerar que un volcán está activo se entrou en erupción ao longo do período [[Holoceno]]. A definición do Smithsonian Global Volcanism Program é que un volcán activo ten que estalar nos últimos 10 000 anos (o período Holoceno). Os tempos históricos son un prazo máis concreto para consideralos activos.<ref>"[http://pubs.usgs.gov/gip/volc/text.html Volcanoes]". U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.</ref> Con todo, é importante sinalar que o lapso da historia difire de rexión a rexión. Na [[China]] e no [[Mediterráneo]], a historia escrita remóntase a máis de 3.000 anos, pero no Noroeste Pacífico dos Estados Unidos e o Canadá, tan só é duns 300 anos, e en Hawai e Nova Zelandia, ao redor duns 200 anos.<ref>"''[http://books.google.cat/books?id=-P83AAAAIAAJ&pg=PA7&dq&hl=ca#v=onepage&q=&f=false Mountains of fire: the nature of volcanoes]''". Robert Wayne Decker, Barbara Decker (1991), p.7, {{ISBN|0-521-31290-6}}</ref>
 
Na actualidade no mundo hai preto de 500 volcáns activos, a gran maioría ao longo do [[Cinto de lume do Pacífico]]; e ao redor de 50 deles entran en erupción cada ano.<ref>"[http://www.esa.int/SPECIALS/Space_for_our_climate/SEM3XU2VQUD_0.html Volcanoes]". European Space Agency.</ref> Segundo algunhas estimacións, hai máis de 1500 volcáns potencialmente activos.<ref>"[http://earthobservatory.nasa.gov/Features/monvoc/ Sensing Remote Volcanoes]". NASA Earth Observatory.</ref> Só nos Estados Unidos teñen controlados 50 volcáns activos.<ref>"[http://pubs.usgs.gov/gip/volc/environments.html Volcano Environments]". U.S. Geological Survey.</ref> Estímase que 500 millóns de persoas viven preto de volcáns en actividade.<ref>"[http://www.alertnet.org/db/crisisprofiles/VOLCANO.htm Volcanoes]". Reuters. 12 de decembro de 2009.</ref>
15.826

edicións