Esporopolenina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características: Arranxos varios + cda
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 5:
A súa estabilidade química é moi elevada polo que se conserva ben nos substratos e sedimentos onde poidan depositarse os grans de pole. A capa exterior de [[exina]] ten frecuentemente ligados patróns de deseño (ver imaxe á dereita), o que deixa empregar o material recuperado de sedimentos recentes ou antigos para o seu estudo [[palinoloxía|palinolóxico]] sobre as poboacións de plantas e fungos no pasado.
 
A composición química da esporopolenina non se coñece con exactitude, debido á súa inusualinfrecuente estabilidade química e resistencia á degradación por [[enzima]]s e por axentes químicos fortes. As análises químicas revelan a existencia dunha mestura de biopolímeros, contendo principalmente cadeas longas de [[ácido graxo|ácidos graxos]], fenil-propanoides, [[fenol|fenois]] e trazas de [[carotenoide]]s. Experimentos con marcadores revelaron á [[fenilalanina]] como o seu principal precursor pero ten carbón molecular proveniente doutras fontes. Pode dicirse que a esporolenina deriva de diversos precursores que que están vencellados químicamente para formar unha estrutura ríxida.
 
Análise de [[Microscopio electrónico|microscopía electrónica]] revelan que as células superficiais que rodean o gran de pole en formación nas [[antera]]s teñen un sistema secretor altamente activo que contén vesículas lipofílicas. Crese que estas vesículas conteñen os precursores da esporopolenina. Algúns inhibidores químicos do desenvolvemento dos grans de pole así como mutáxenenos que afectan á esterilidade do pole ten efectos probados sobre a [[secreción]] destas [[vesícula]]s nas células.