Diferenzas entre revisións de «Phalacrocorax capensis»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
Reprodúcese en [[Namibia]] sur e sueste da [[Provincia do Cabo]], [[Suráfrica]]. Cando non está na tempada reprodutora, pode atoparse bastante máis ao norte, ata a desembocadura do [[río Congo]], e esténdese pola costa leste de Suráfrica ata [[Mozambique]]. Na década de 1970, a poboación reprodutora estimábase en arredor dun millón de exemplares só en Namibia. Porén, agora a [[IUCN]] clasifíca a especie como "en perigo" debido a un rápido declive da poboación experimentado nas últimas tres xeracións.<ref name=IUCN/>
 
É unha ave de cor case enteiramente negra brillante, pero na época reprodutora ten un ton máis purpúreo e algunhas plumas brancas na cabeza, pescozo, e zona [[cloaca]]l. A súa pel gular é dunha cor amarela alaranxada. Unha característica inusualinfrecuente nos corvos mariños é que ten a rexión loreal (entre os ollos e os orificios respiratorios) cuberta de [[pluma]]s en vez de espida. As ás teñen unha envergadura entre 240 e 280&nbsp;mm, e o seu peso está entre 0,8 e 1,6&nbsp;kg, e presenta pouco [[dimorfismo suxual]].
 
Aliméntanse xeralmente en bandadas, facendo capturas en bancos de peixes a media profundidade, de [[sardiña]]s, [[anchoa]]s, e pequenos [[ammodítidos]]. As súas presas son normalmente moito máis pequenas que as da especie [[simpátrico|simpátrica]] ''[[Phalacrocorax neglectus]]''. Os seus principais depredadores son os chacais ''[[Canis mesomelas]]'', que capturan ocasionalmente a adultos mentres están pousados descansando, e aves predadoras que actúan no seu lugar de nidación como o corvo mariño ''[[Phalacrocorax carbo]]'', os pelicanos ''[[Pelecanus onocrotalus]]'', e as gaivotas ''[[Larus dominicanus]]''.
15.813

edicións