ZX Spectrum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 14:
* Estes 16 KB de ROM incluían un intérprete da linguaxe [[basic|BASIC]] SINCLAIR desenvolvido pola compañía Nine Tiles Ltd. para Sinclair e que era unha evolución do que xa desenvolvesen para dúas anteriores máquinas comerciais da marca, o ZX-80 e o ZX-81, e das que o Spectrum é continuador. Na mesma zona de memoria tamén estaba o xogo de caracteres ASCII que utilizaba a máquina por defecto (aínda que se podía apuntar a outras zonas de memoria e definir caracteres alternativos) e unha zona reservada xusto antes da memoria de pantalla, ideal para [[EPROM]]s que se podían conectar no slot traseiro.
* [[Teclado tipo chiclet|teclado de caucho]] integrado no computador no modelo de 16K e na primeira versión de 48k. Un modelo que incorporaba un teclado mellorado mecánico levou o nome de ZX Spectrum Plus. O teclado de caucho orixinal oprimía dous membranas con pistas condutoras que servían para detectar a presión. Esta membrana adoitaba ser a parte máis fráxil do computador e era habitual que ao longo dos anos fose necesario cambiala ata varias veces.
* Sistema de almacenamento por cinta de [[casete]] de audio común a 1.200 baudios (a velocidade soportada polo sistema operativo en ROM, pero había xogos que usaban o seu propio sistema de carga ''"turbo"'' a maior velocidade, aínda que algo máis propensos a producir erros de carga). Un xogo de 48KB tardaba unha media de 5 minutos en cargar. Con ''"turbo"'', algo menos. Como periférico adicional, existía unha unidade de disco moi primitiva chamada [[ZX Microdrive|microdrive]] de uso frecuente entre desarrolladoresdesenvolvedores de software.
 
En definitiva, o deseño do computador era incriblemente optimizado e espremía os seus aparentemente pequenas posibilidades ao máximo. Todas estas características convertían ao ZX Spectrum nun equipo moi alcanzable e versátil, o que achegou a microinformática a un elevado número de persoas.