McDonnell Douglas F-4 Phantom II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*Anclaxe > ancoraxe.
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 44:
Nas priemiras etapas da produción, o rádar foi actualizado ao máis grande AN/APQ-72, que requería un nariz bulboso, e a copa foi revisada para mellorar a visibilidade e facer a cabina posterior menos claustrofóbica. Durante a súa carreira o Phantom sofreu numerosos cambios na forma das distintas variantes desenvolvidas.
 
A USAF recibiu Phantoms como resultado da presión do secretario de defensa Robert McNamara para crear un caza unificado para todas as ramas do exécito. En xaneiro de [[1962]] a USAF pediu prestados dos F-4B navais e desenvolveu requerimentos para a súa propia versión. A diferenciadiferenza que a Mariña, que se centrara na intercepción, a USAF emfatizou o seu rol de cazabombardeiro. Coas unificación de designacións de McNamara o [[18 de setembro]] de [[1962]], o Phantom coverteuse no F-4, designándose a versión naval F-4B e a da USAF F-4C. O primeiro exemplar para a Forza Aérea voou o [[27 de maio]] de [[1963]], pasando de Mach 2 no seu voo inaugural.
 
A produción do Phantom II nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] rematou en [[1979]], despois de que fosen fabricados 5.195 exemplares (5.057 por [[McDonnell Douglas]] e 138 en [[Xapón]] por [[Mitsubishi]]). Deles, 2.874 foron para a USAF, 1.264 para a Mariña e os Marines, e o resto para outros países. Os últimos avións construídos nos Estados Unidos foron marcados por [[Turquía]], mentres que os derradeiros F-4 fabricados rematáronse en [[1981]] como F-4EJ por Mitsubishi Heavy Industries. No ano [[2008]], 631 Phantoms aínda permanecían en servizo activo en todo o mundo, mentres que nos Estados Unido era usado unicamente como obxectivo non tripulado.