Caligrafía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 26:
 
== Distintos tipos de caligrafía ==
* [[Caligrafía árabe|Caligrafía de caracteres árabes]], en [[lingua árabe|árabe]], فن الخط ''fann al-jatt'', "arte da liña". A caligrafía árabe está rexida por unha serie de regras e de canons estéticos que esixen estudo e o desenvolvemento de habilidades, destrezas e talentos artísticos<ref>{{Cita web|url=https://www.um.es/docencia/antanins/cms/alkitaba|título=Escritura y caligrafía (La escritura árabe)}}</ref>. A [[caligrafía cúfica]] é un estilo de caligrafía árabe considerado o máis antigo tipo de escritura nesa lingua, desenvolvido na cidade de [[Kufa]] (da que toma o nome), a partir dunha modificación do alfabeto sirio antigo e utilizada para escribir os primeuros exemplares do [[Corán]].
* [[Caligrafía árabe|Caligrafía de caracteres árabes]], en [[lingua árabe|árabe]], فن الخط ''fann al-jatt'', "arte da liña".
* [[Escritura Rashi|Caligrafía estilo Rashi]], o [[rashi]], é o acrónimo de רבי שלמה יצחקי ''Rabi Shlomo Yitzjaki''. É o tipo de letra semicursiva na que os comentarios de Rashi adoitan imprimirse tanto no [[Talmud]] como no Tanakh. Aínda que leva o sue nome, Rashi nunca empregou esta escritura: o tipo de letra está baseado na escritura manuscrita semicursiva sefardí do século XV.
* [[Caligrafía chinesa]] ou 書法 shūfǎ, os caracteres chineses poden trazarse segundo cinco estilos históricos. Normalmente todos se realizan con pincel e tinta. Estes estilos están ligados intrinsecamente á historia da [[Escrita chinesa|escritura chinesa]].
* O {{nihongo|[[Shodō]]|書道|shodō}} ou ''caligrafía xaponesa'' considérase unha arte no [[Xapón]], e unha disciplina moi difícil de perfeccionar; ensínase como unha materia máis aos nenos xaponeses durante a educación primaria.
* [[Caligrafía xeorxiana]]. É unha forma de caligrafía artística da [[lingua xeorxiana]] que se practicou nos tres [[alfabetos xeorxianos]]. Existe unha tradición de séculos nesta arte e o [[cristianismo]] tivo un papel importante na vida literaria xeorxiana, xa que os monxes e outros relixiosos da [[igrexa ortodoxa xeorxiana]] deixaron moitos manuscritos e rexistros históricos.
* [[Caligrafía occidental]]: dende os tempos da [[imperio Romano|antiga Roma]] e ata a invención da [[imprenta]], a caligrafía estivo ligada á historia da cultura europea e á súa transmisión, e cada época vese reflectida nos diferentes estilos de escritura. Despois, a beleza na escritura a man tivo sempre unha gran consideración como parte da educación ata tempos moi recentes, e mantense aínda en forma de invitacións manuscritas, deseños de logotipos e tipografías ou documentos conmemorativos.