Paul Cézanne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 32:
Moitas das primeiras obras de Cézanne estaban pintadas con pigmentos mestos e en tons escuros que lembraban o expresionismo romántico e melancólico de xeracións anteriores. Así a todo, ao igual ca Zola no seu empeño por desenvolver unha narrativa realista, tamén Cézanne manifestou un interese progresivo na representación da vida contemporánea: quería pintar o mundo tal e como se presentaba ante os seus ollos, sen se preocupar de idealizacións temáticas ou afectación no estilo.
[[Ficheiro:Le Père du peintre, lisant L'Événement, par Paul Cézanne.jpg|Louis-Auguste Cézanne 1866|miniatura]]
Sentíndose incapaz de pintar, regresou a Aix e aceptou un emprego no banco de seu pai, pero en [[1862]] decidiu volver a París para se consagraren definitivamente á pintura. Alí reanudouretomou a súa amizade con Zola e continuou os seus estudos na Academia Suíza, onde coñeceu a [[Armand Guillaumin]] e a [[Camille Pissarro]], pintor maior ca el aínda que pouco recoñecido, que vivía coa súa numerosa familia nunha zona rural nos arrabais de París. Grazas ao contacto co derradeiro, Cézanne daría un xiro radical no seu estilo, desvencellándose de toda norma académica e da paleta sombría e fortemente empastada que o caracterizaba.
 
Pissarro non só proporcionou ao inseguro Cézanne o apoio moral que precisaba senón que o introduciu na nova técnica [[Impresionismo|impresionista]] para conseguir os efectos da luz natural.