Derme: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 3:
[[Ficheiro:Skin.png|miniatura|dereita|Pel humana.]]
 
A '''derme'''<ref>{{DRAG|derme}}</ref> ou o '''derma'''<ref>{{DRAG|derma}}</ref> é a segunda capa da [[pel]] situada debaixo da [[epiderme]]. Está entre a epiderme e o [[tecido subcutáneo]], que é un [[tecido conectivo]] que amortece o corpo das tensión mecánicas. A derme dá á pel as súas características consistencia e resistencia. Divídese en dúas rexións, a máis superficial, adxacente á epiderme, denomínase derme papilar, e a máís profunda e grosa é a derme reticular.<ref name="Andrews">James, William; Berger, Timothy; Elston, Dirk (2005). ''Andrews' Diseases of the Skin: Clinical Dermatology'' (10th ed.). Saunders. Pages 1, 11–12. ISBN 0-7216-2921-0.</ref> A derme está estreitamente unida á epiderme por medio dunha [[membrana basal]]. Os compoñentes estruturais da derme son o [[coláxeno]], [[fibra elástica|fibras elásticas]], e [[matriz extrafibrilar]] (antes chamada substancia fundamental).<ref name="Lookingbill">Marks, James G; Miller, Jeffery (2006). ''Lookingbill and Marks' Principles of Dermatology'' (4th ed.). Elsevier Inc. Page 8–9. ISBN 1-4160-3185-5.</ref> Tamén contén [[mecanorreceptor]]es que perciben as sensacións de tacto e calor, [[folículo plosopiloso|folículos pilosos]], [[glándula sudorípara|glándulas sudoríparas]], [[glándula sebácea|glándulas sebáceas]], [[glándula apócrina|glándulas apócrinas]], [[vaso linfático|vasos linfáticos]] e [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]]. Os seus vasos sanguíneos proporcionan nutrientes e eliminan os refugallos procedentes das células dérmicas e epidérmicas (aínda que non entran na epiderme).
 
==Compoñentes da derme==