Testosterona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 11 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
Como outras [[hormonas]] [[esteroide]]s, a testosterona deriva do [[colesterol]] (ver figura da dereita).<ref name="pmid1307739">{{Cita publicación periódica | autor = Waterman MR, Keeney DS | título = Genes involved in androgen biosynthesis and the male phenotype | publicación = Horm. Res. | volume = 38 | número = 5-6 | páxinas = 217–21 | ano = 1992 | pmid = 1307739 | doi = 10.1159/000182546| url =}}</ref> O primeiro paso da súa biosíntese implica a rotura oxidativa da [[cadea lateral]] do colesterol polo encima CYP11A, unha oxidase de [[citocromo P450]] [[mitocondria]]l coa perda de seis átomos de carbono, orixinando [[pregnenolona]]. No seguinte paso, elimínanse dous átomos de carbono polo encima [[CYP17A1|CYP17A]] no [[retículo endoplasmático]] para producir unha variedade de esteroides C<sub>19</sub>.<ref name="pmid3535074">{{Cita publicación periódica | autor = Zuber MX, Simpson ER, Waterman MR | título = Expression of bovine 17 alpha-hydroxylase cytochrome P-450 cDNA in nonsteroidogenic (COS 1) cells | publicación = Science | volume = 234 | número = 4781 | páxinas = 1258–61 | ano = 1986 | pmid = 3535074 | doi = 10.1126/science.3535074| url = |bibcode = 1986Sci...234.1258Z}}</ref> Ademais, o grupo 3-hidroxilo é oxidado pola [[3beta-hidroxiesteroide deshidroxenase|3-β-HSD]], producindo [[androstenediona]]. Na reacción final, que é limitante para a velocidade de produción, o grupo C-17 ceto da androstenediona é reducido pola 17-beta hidroxiesteroide deshidroxenase para producir a testosterona.
 
A maior parte da produción de testosterona (>95%) nos machos ten lugar nos [[testículo]]s.<ref name="Mooradian_ 1987"/> Tamén a sintetizan en cantidades menores as mulleres nas células da teca dos [[folículo ovárico|folículos]] dos [[ovario]]s, e pola [[placenta]], e na zona reticular do córtex suprarrenal en ambos os sexos. Nos testículos, a testosterona é producida polas [[Célula de Leydig|células de Leydig]].<ref name="pmid58744">{{Cita publicación periódica | autor = Brooks RV | título = Androgens | publicación = Clin Endocrinol Metab |volume= 4 | número = 3 |páxinas= 503–20 |ano= 1975 | pmid = 58744 | url =}}</ref> Os testículos tamén conteñen [[Célula de Sertoli|células de Sertoli]] que requiren testosterona para favoreceren a [[espermatoxénese]]. Como a maioría das hormonas, a testosterona chega aos tecidos obxectivo por vía sanguínea, e no sangue a maior parte da testosterona transpórtase ligada a dúas proteínas do plasma, a SHGB (''sex hormone-binding globulin'', [[globulina de unión á hormona sexual]]) e a [[seroalbumina humana|albumina]]. A SHBG liga unha soa molécula de testosterona con alta afinidade, entanto que a albumina liga varias moléculas pero con baixa afinidade. En función destes equilibrios defínese a testosterona libre como a totalidade da non unida, e a testosterona biodispoñible como a total menos a unida á SHBG.
 
=== Regulación ===
Liña 40:
=== Metabolismo ===
O lugar de síntese principal de testosterona son as [[célula de Leydig|células de Leydig]] do [[testículo]], onde se forma a partir do [[colesterol]]. Tamén se pode sintetizar na zona rugosa do [[córtex suprarrenal]], nas células tecais do [[ovario]] e na [[placenta]].
Aproximadamente o 7% da testosterona é reducida a 5α-[[dihidrotestosterona]] (DHT) polo encima do [[citocromo P450|citocromo P<sub>450</sub>]] [[5-alfa reductase|5α-redutase]],<ref name="pmid8092979">{{Cita publicación periódica | autor = Randall VA | título = Role of 5 alpha-reductase in health and disease | publicación = Baillieres Clin. Endocrinol. Metab. | volume = 8 | número = 2 | páxinas = 405–31 | ano = 1994 | pmid = 8092979 | doi = 10.1016/S0950-351X(05)80259-9| url =}}</ref> un encima altamente expresado nos órganos accesorios sexuais masculinos e [[folículo piloso|folículos pilosos]].<ref name="Mooradian_ 1987"/> Aproximadamente o 0,3% da testosterona é convertida en estradiol pola [[aromatase]] (CYP19A1)<ref name="pmid12428207">{{Cita publicación periódica | autor = Meinhardt U, Mullis PE | título = The essential role of the aromatase/p450arom | publicación = Semin. Reprod. Med. | volume = 20 | número = 3 | páxinas = 277–84 | ano = 2002 | pmid = 12428207 | doi = 10.1055/s-2002-35374 | url =}}</ref> un encima expresado no cerebro, fígado e tecido adiposo.<ref name="Mooradian_ 1987"/>
 
A [[DHT]] é unha forma máis potente da testosterona, entanto que o estradiol ten actividades completamente distintas (feminización) comparadas coas da testosterona (masculinización). Finalmente, a testosterona e a DHT poden ser desactivadas ou eliminadas por encimas que hidroxilan nas posicións 6, 7, 15, ou 16.<ref name="isbn0-3870-8012-0">{{cita libro | autor = Trager L | título = Steroidhormone: Biosynthese, Stoffwechsel, Wirkung | idioma = alemán | editorial = Springer-Verlag | ano = 1977 | páxinas = 349 | isbn = 0-3870-8012-0 | url = }}</ref>