Enerxía nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 249:
 
{{ VT|Proceso Teller-Ulam}}
 
==== Buques militares de propulsión nuclear ====
 
Durante a segunda guerra mundial comprobouse que o [[submarino]] podía ser unha arma decisiva, pero posuía un grave problema: a súa necesidade de emerxer tras curtos períodos para obter aire para a combustión do [[gasóleo|diésel]] en que se baseaban os seus motores (a invención do [[snorkel (submarino)|snorkel]] mellorou algo o problema, pero non o solucionou). O Almirante [[ Hyman Rickover| Hyman G. Rickover]] foi o primeiro que pensou que a enerxía nuclear podería axudar con este problema.
[[Ficheiro:USS Enterprise (CVAN-65), USS Long Beach (CGN-9) and USS Bainbridge (DLGN-25) underway in the Mediterranean Sea during Operation Sea Orbit, in 1964.jpg|miniatura|esquerda|[[USS Enterprise (CVN-65)|USS Enterprise]] (CVN-65) xunto con outros buques de apoio de propulsión nuclear (un cruceiro e un destrutor) no Mediterráneo. A tripulación forma na súa cuberta a famosa fórmula de [[Albert Einstein|Einstein]] E=mc² sobre a equivalencia masa-enerxía.]]
Os desenvolvementos dos [[reactor nuclear|reactores nucleares]] permitiron un novo tipo de motor con vantaxes fundamentais:
# Non precisa aire para o funcionamento do motor, xa que non se basea na combustión.
# Unha pequena masa de combustible nuclear permite unha autonomía de varios meses (anos mesmo) sen encher. Por exemplo, os submarinos dos Estados Unidos non necesitan encher durante toda a súa vida útil.
# Un [[empuxe]] que ningún outro motor pode equiparar, co que puideron construírse submarinos moito máis grandes que os existentes ata o momento. O maior submarino construído ata a data son os da clase [[Proxecto 941 «Akula»|Akula]] rusos (desprazamento de 48 mil toneladas, 175 [[metro|m]] de lonxitude).
 
== Notas ==