Mausolo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste de ligazón interna.
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
Cando Mausolo se converte en [[sátrapa]] no 377 a.C., o imperio [[aqueménida]] estaba envolto en dous graves conflitos. Por unha banda, [[Exipto]] independizarase e Artaxerxes quería recuperalo. Por outra, no norte a tribo dos cadusianos ameazaba perigo. Isto deu liberdade aos sátrapas da [[Asia Menor]], e algunhas cidades [[Grecia|gregas]] temeron que o novo sátrapa de Caria quixese expandir os seus dominios cara ao oeste.
 
Mausolo mudou a corte de [[Milasa]] a [[Halicarnaso]] entre o [[-370|370 a.C.]] e o [[-365|365 a.C.]]. A cidade foi fortificada con muros fortes e a poboación aumentou. Os edificios máis famosos eran a tumba que o sátrapa mandou construír cerca do mercado, coñecida como [[Mausoleo de Halicarnaso|Mausoleo]] (que foi recoñecida como unha das [[Sete marabillas do mundo|Sete Marabillas do Mundo Antigo]] ata o punto de que este termo úsase hoxe para referirse a grandes tumbas) e o maxestuosomaxestoso [[Anfiteatro de Halicarnaso]].
 
No [[-367|367 a.C.]], o sátrapa da [[Frigia Helespóntica]] [[Ariobarzanes, Frigia Helespóntica|Ariobarzanes]] sublevouse. Enviouse un exército persa contra el ao mando de Mausolo e [[Autofradates]] de [[Reino de Lidia|Lidia]]. Illouse ao rebelde e cercóuselle, pero cando Agesilao irrompeu en Asia Menor á fronte dun exército [[mercenario]] en apoio de Ariobarzanes, ocorreu algo moi estraño: Mausolo entregou diñeiro e agasallos ao espartano e deixou o asedio. É posible que Mausolo quixese evitar a entrada de Agesilao en Caria ou gañarse a posibilidade de contratar mercenarios no futuro.