Adelsfana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 4:
== Desenvolvemento ==
 
En [[1565]] o rei [[Erik XIV]] organízaa como unha unidade regular co nome de ''Adelsrytteriet'' (cabalería nobre) e en [[1571]] adoptou o nome de Adelsfana, a súa organización variou ao longo do tempo, pero os oficiais sempre habían de pertencer á nobreza e o seu tamaño correspondía a un pequeno rexemento de cabalería, en 1634 aparece na primeira [[Instrumento de Goberno (1634)|constitución de Suecia]] como un dos rexementos da cabalería sueca. Ata [[1640]] estivo formada por tres compañías en Suecia e [[Finlandia]], e nese ano aumentou unha máis quedando en 5 en [[1658]] logo da anexión de [[Escania]] e fixándose finalmente en 6 en [[1680]] pero en épocas de paz só os oficiais estaban en servizo. En [[1702]] durante a [[Gran Guerra do Norte]] o rexemento serviu nas provincias bálticas e en [[1706]] tomou parte na [[batalla de Fraustadt]] e en [[1709]] na de [[Perevolchna]] que rematou na desfeita sueca e na rendición das tropas supervivintessuperviventes, incluíndo a adeslsfana aos rusos. A partir de [[1718]] o rexemento quedou desartellado na práctica, reuníndose por última vez en [[1743]], aínda que cobrando os oficiais os seus salarios ata [[1809]], pero oficialmente seguiu a existir ata [[1901]].
 
{{Barra portal|Suecia}}