Universo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 101:
Todo este progreso de ciencia culminou, na segunda metade do século XVII, con ''sir'' [[Isaac Newton]] (1642-1727) que ao formular a [[lei da gravitación universal]], dá un empuxe final ás teorías de Copérnico, quedando así as ideas xeocéntricas relegadas á historia. Na súa monumental obra ''[[Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica]]'' (''Principios matemáticos da filosofía da natureza'') definíanse as leis do movemento, baseadas nos traballos de Kepler e Galileo. Newton perfeccionou os avances na observación coa construción do primeiro telescopio refractor, que permitiu novos descubrimentos, a fixación de cálculos astronómicos de gran precisión, e o seu emprego deu lugar á fundación dos [[observatorio]]s de [[París]] e de [[Greenwich]] ([[Londres]]).
 
A partir dese momento, e coa constante mellora dos instrumentos e métodos de observación, foron acadándose novos coñecementos que conduciron á visión actual do universo. O matemático suízo [[Leonhard Euler]] (1707-1783) perfeccionou o modelo das órbitas planetarias e demostrou de quéque maneira estas cambian de tamaño e excentricidade segundo a atracción dos demais corpos celestes. O francés [[Jean Le Rond d'Alembert]] (1717-1783) estableceu a [[precesión]] da Terra, movemento retrógrado ao redor do polo da [[eclíptica]], e [[Joseph Louis Lagrange]] (1736-1813) e [[Pierre-Simon de Laplace]] (1749-1827) fixaron os límites das órbitas elípticas. Por outro lado, o alemán [[Carl Friedrich Gauss]] (1777-1855) atopou un modelo para determinar á órbita dun planeta.
 
O traballo conxunto de varios astrónomos permitiu por fin a Laplace integrar os percorridos dos corpos que forman o sistema solar segundo o modelo gravitacional de Newton. Este traballo constituíu o tratado de ''Mecánica celeste'', que se publicou en 1789. Nel, Laplace formulou a [[teoría nebular]], segundo a cal o Sol e os seus planetas teríanse orixinado a partir dunha nube de partículas ([[nebulosa]]) que, ao xirar, se contraería e elevaría a súa temperatura; durante o xiro, desprenderíanse fragmentos de materia que, retidos pola forza da gravidade, comezarían a orbitar ao redor da nube central, precursora do Sol, como precursores dos planetas serían estes fragmentos.