Diferenzas entre revisións de «Lingua sánscrita»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Sem resumo de edição
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Unha forma tardía do védico, que xa evolucionou (nótase a desaparición do subxuntivo, por exemplo), conforma o sánscrito preclásico, usado nos arredores do século V ou IV a.C. É este sánscrito o que [[Pāṇini]], sen dúbida o primeiro gramático da antigüidade (aínda que a súa visión estruturalista só pode ser o froito dunha herdanza máis antiga), describe fonolóxica e gramaticalmente nunha obra dunha precisión e dun rigor formal sen igual ata o desenvolvemento da lingüística moderna, ben máis tarde. Este dedícase a describir no seu tratado, o ''[[Aṣṭādhyāyī]]'', a lingua que el fala e subliña as fórmulas que considera propias dos himnos védicos, sen dicir realmente que son arcaicas. A lingua comeza a se normalizar.
 
No século III d.C., os primeiros [[prácrito]]s (ou ''prākr̥ta'', «[ingua] ordinaria ») aparecen testemuñados, en especial grazas ás inscricións de [[Ashoka]]. Estas linguas así designadas correspóndense a dialectos menos "nobres" que o sánscrito, é dicir, linguas vulgares e vernáculas de uso cotián que, rapidamente, se separan unha das outras e dan orixe á multitude de linguas indoarias presentes no subcontinente indio. Todas saídas do antigo indoario, elas coñecen cada unha unha evolución e un destino diferentes. É de tales prácritos de onde proveñen, entre outras, as linguas modernas como o [[hindi|hindī]], o [[penxabí|pañjābī]], ou mesmo o [[bengalí|bangālī]]. Estas linguas son «vulgares» do mesmo xeito que o ''[[latín]] vulgar'', é dicir « faladas polo pobo »; o seu estatuto de idiomas vernáculos vivos, de linguas consideradas inferiores polo tanto, explica por quéque hai que esperar cando menos ao século XIX para que a literatura en linguas modernas suplante finalmente á escrita en sánscrito.
 
Ademais das inscricións de Ashoka, numerosas citas en prácritos están tamén testemuñadas en textos sánscritos, especialmente no teatro, onde as personaxes de rango inferior se expresan xeralmente en lingua vernácula. Estes testemuños, porén, son esencialmente literarios, e non poden ser tomados como totalmente reais. Pódese establecer unha analoxía co «[[patois]]» usado en certas obras de [[Molière]], como ''[[Dom Juan ou le Festin de pierre|Dom Juan]]'', que serven para representar unha fala popular; o que aí aparece non pode ser tomado como unha atestación real das linguas vernáculas francesas da súa época, pero son susceptíbeis, ''mutatis mutandis'', de nos aprender algo acerca destas linguas. A literatura prácrita está porén representada de maneira independente, pero a miúdo enmascarada polo sánscrito clásico. Un dos prácritos, o [[pali|pāḷi]], coñece un destino diferente: volto el tamén lingua sagrada, a do budismo [[teravada]], non evoluciona case nada e emprégase tal cal na liturxia e nas exéxeses ata os nosos días. Finalmente, o [[xainismo|canon jain]], redactado nun prácrito chamado ''ardhamāgadhī'', ofrece numerosos testemuños, aínda que outra volta literarios, dunha das linguas vulgares realmente faladas na antigüidade india.