Diferenzas entre revisións de «Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
==== O patriarcado actual ====
Desde a perspectiva de [[Carme Adán]], o [[feminismo]] enfróntase a un novo reto. A configuración do [[patriarcado]] nos tempos da actual fase do [[capitalismo]] ([[neoliberalismo]]) fai emerxer unha nova racionalidade que constrúe os seus propios mecanismos de desubxectivización. Neste contexto preténdese reducir as redes sociais a unha forma de autopromoción: ser popular é o único obxectivo das relacións. Así, tras a época na que se visualizou as mulleres como nais e educadoras do cidadán, a actual sociedade de clases baseada na [[mercantilización]] e na [[Explotación social|explotación]] chama por produtoras de man de obra barata nun contexto que trata de normalizar a [[prostitución]], a [[pornografía]] e a [[hipersexualización]] dese novo tipo muller dependente da mirada masculina. O chamado contrato sexual, aínda que sutil, seguiría en vigor porque a violencia é o seu garante. Nunha sociedade formalmente xusta e [[Igualitarismo|igualitaria]] a submisión ha de ser a elección natural, non algo imposto. Para a autora o discurso da libre elección fai do corpo da muller un dos momentos máis álxidos da [[mercantilización]] da vida: ventres de alugueralugueiro (serían mulleres de clase baixa as que deciden alugar o seu ventre para sobrevivir, elas e as súas familias), trata e [[prostitución]] (un acto de humillación/submisión no que algúns invocan hoxe cinicamente a defensa da capacidade das mulleres para decidir), o parto sometido á [[violencia obstétrica]]… Carme Adán sinala a inexistencia, no plano real, da libre elección; trataríase apenas dunha [[falacia]], un tópico máis da sociedade [[Neoliberalismo|neoliberal]].
 
==== Conclusións ====
103.099

edicións