Diferenzas entre revisións de «Carlos Seixas»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
No [[século XVIII]] se esixía aos compositores que a súa música fose fiel aos pensamentos e ideais estéticos do medio. A composición era de certa forma limitada a un número de características previamente definidas, feito que debemos ter en conta cando analizamos a obra dos compositores.
 
A obra de Seixas é en gran parte resultado dos ambientes en que compuxo. Como organista da Capela da Sé Patriarcal tiña a posibilidade de tocar antes e despois da [[misa]] unha peza a [[solo]] que podería ser unha [[tocata]] ou unha [[sonata]] (ritual común en todas as [[Catedral|catedrais]] [[Católica]]s). Para estes casos, había unha preferencia polas pezas de carácter vistoso e brillante. Noutras partes da cerimonia, o organista podía aindaaínda tocar en momentos que admitisen un solo [[instrumental]]. Desta forma, os compositores aproveitaban para dar a coñecer as súas composicións ou improvisacións. É seguro que as sonatas de Seixas foron tocadas na Igrexa, polo menos as de carácter relixioso.
 
Carlos Seixas acompañaba ao [[cravo]] as festas nos pazos reais ou no solar de algunhas casas [[Nobreza|nobres]]. Nestes eventos tiña tamén a oportunidade de tocar como [[solista]], aproveitando probabelmente para tocar as súas sonatas compostas co obxectivo de ser recoñecido como [[concertista]] e compositor.
103.099

edicións