Dirndl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 6:
 
== Historia ==
Orixinariamente, o Dirndl provén do oeste dos [[Alpes]], sendo un vestido netamente do campesiñado. Logo foi usado nas cidades exclusivamente polas criadas (moitas delas campesiñas) e a partir de 1870-80 empezárono a levar as clases altas e a [[aristocracia]] como vestido moderno de verán. O emperador [[Francisco Xosé]] foi quen serviu de exemplo para modernizar os ''[[Lederhosen]]'' (os pantalóns de coiro típicos dos homes) e o traxe tradicional bávaro e austriacoaustríaco.
 
O Dirndl moderno chegou á cidade de [[Múnic]], capital de Baviera, a través da tenda "Wallach", de propietarios xudeus. Nela vendíanse os vestidos con teas de cores e motivos. Isto forneceulles un gran prestixio aos seus donos, Julius e Moritz Wallach. Ademais de encargarse da venda, os irmáns Wallach tamén organizaban desfiles no [[Oktoberfest]] e óperas no teatro "Im Weißen Rössl", o que axudou a popularizar o vestido entre as clases altas da cidade. O nome Wallach converteuse daquela en sinónimo de Dirndl moderno en Múnic e a [[Alta Baviera]]. En [[1939]] foron obrigados a vender o seu negocio pola política racista de [[Hitler]]. Porén, logo da guerra lograron recuperalo.