Pexegueiro (árbore): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 15 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 27:
O nome científico ''persica'', ao igual que o nome galego '''pexego''' (''pêssego'' en portugués) e os seus cognatos en moitas linguas europeas (''pêche'' en francés, ''peach'' en inglés, ''préssec'' en catalán, ''pesca'' en italiano), deriva da antiga crenza europea de que o pexego viña de Persia. Os antigos romanos chamábalenlle ''malum persicum'', "mazá persa".<ref>[Lyle Campbell, ''Historical Linguistics: An Introduction'', 2nd ed. (Cambridge, Mass: MIT Press, 2004): 274.]</ref>
 
Os pexegueiros cultivados divídense dependendo se a carabuña pode ou non desprenderse da polpa con facilidade. Os pexegos de carne branca acostuman ser moi doces e lixeiramente acedos, mentres que os de carne amarela, adoitan combinar o sabor acedo coa dozura, malia que isto pode variar enormemente. A polpa de ambas cores acostuma ter tamén certas partes encarnadas. Os pexegos de carne branca pouco acedos son os máis populares enna China, no Xapón e demais países asiáticos, mentres que europeos e norteamericanos prefiren, historicamente, os amarelos algo acedos {{cómpre referencia}}.
 
== Historia ==