Ascidiáceos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 52:
O sistema nervioso central das ascidias está formado por unha placa que se enrola para formar un [[tubo neural]]. O número de células no sistema nervioso central é moi pequeno. O tubo neural está composto pola vesícula sensorial, o colo, o ganglio da cola ou visceral, e a corda nerviosa caudal. A rexionalización anteroposterior do tubo neural nas ascidias é comparable á dos vertebrados.<ref>Ikuta, Tetsuro, and Hidetoshi Saiga. "Organization of Hox genes in ascidians: Present, past, and future." Developmental Dynamics 233.2 (2005): 382–89.</ref>
 
AindaAínda que non hai un verdadeiro cerebro, o ganglio máis grande está localizado no tecido conectivo situado entre os dous sifóns, e envía nervios por todo o corpo. Debaixo deste ganglio hai unha [[glándula exócrina]] que verte na farinxe. Esta glándula formouse a partir do tubo nervioso, e, por tanto, é homóloga da [[medula espiñal]] dos vertebrados.<ref name=IZ/>
 
As ascidias carecen de órganos sensoriais especiais, aínda que a parede do corpo ten numerosos receptores individuais para o tacto, quimiorrecepción, e detección da luz.<ref name=IZ/>