Simplificación da escritura chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 12:
A pesar do ímpeto das ideas revolucionarias da época, a posibilidade de romanizar o idioma nunca estivo preto de volverse realidade xa que, por un lado, convertería en analfabetos a quen xa sabían ler e escribir, que terían que aprender un novo sistema, e, por outro, o apego dos chineses ao seu sistema de escritura facía difícil a aceptación dunha reforma tan radical. Esta segunda razón é talvez a máis importante, pois en vietnamita e en coreano, as outras dúas linguas que se escribían con caracteres chineses, o uso dos caracteres foi abolido, case na súa totalidade, ao longo do s. XX.
 
Fronte ao camiño radical seguido por vetnamitas e coreanos, enna China, como no Xapón, acabaríase impondo a idea máis conservadora de modificar gradualmente o sistema de escritura substituíndo as formas normativas dalgúns caracteres de uso moi frecuente por outras máis simples. A este proceso llese chamou '''simplificación dos caracteres chineses''' (漢字簡化 /汉字简化 ''hànzì xiǎnhuà''). Nótese que a "simplificación" refírese a unha redución do número de trazos. Como se comenta máis adiante neste artigo, non está claro en absoluto que ditos caracteres con menor número de trazos sexan máis doados de aprender que os caracteres tradicionais.
 
O primeiro intento de introducir caracteres simplificados o levou a cabo o Goberno do [[Kuomintang]] (KMT) no ano [[1935]], que promulgou unha lista oficial de 324 caracteres modificados. Nesa lista atopábanse xa algunhas formas populares de caracteres que serían adoptadas de novo polo Goberno da República Popular China anos máis tarde (como 个 por 個, ou 还 por 還, por exemplo). No entanto, a sociedade rexeitou de maneira xeral a adopción destes novos caracteres e un ano máis tarde o Goberno retirou a reforma.