Calendario chinés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 22:
Os chineses medían o ano polo retorno do solsticio de inverno, e para iso valíanse do [[gnomon]], co que calibraban a lonxitude das sombras a mediodía. Considérase un ciclo de 60 anos, dividido noutro menor de 12 anos. Tamén hai un ciclo mensual meteorolóxico, con 24 puntos sinalados.
 
Dende a introdución do [[budismo]] enna China cada ano, ademais do seu número, ten o nome dun signo do zodíaco. Os signos do zodíaco chinés son: [[Shu]] (rata), [[Niu]] (búfalo), [[Hu]] (tigre), [[Mao (calendario)|Mao]] (coello), [[Long]] (dragón), [[She]] (serpe), [[Ma]] (cabalo), [[Xan]] (cabra), [[Hou]] (mono), [[Ji]] (galo), [[Gou]] (can) e [[Zhu]] (Porco). O [[aninovo|ano comeza]] cando o sol entra en [[pisces]], coa primeira lúa nova.
 
Cada mes o sol entra nunha constelación do zodíaco diferente. Se nun mes o sol non entra nunha constelación, ese acaba sendo o mes a intercalar. Chámase co nome do mes anterior antecedido do prefixo "shun-". Os meses agrúpanse en tres grupos: ''meng'' (primeiro), ''zhong'' (medio) e ''ki'' (último); e en catro estacións, ''chun'' ([[primavera]]), ''xia'' ([[verán]]), ''qiu'' ([[outono]]) e ''dong'' ([[inverno]]). O nome dos meses fórmanse combinado ámbolos dous conceptos, por exemplo "ki-tsin" é o último mes do outono. Os meses tamén se poden denominar como os anos.