Prehistoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 472:
 
[[Ficheiro:Neolítico en Europa.png|miniatura|center|550px|O Neolítico en Europa]]
* O Neolítico chegou a Europa no [[VI milenio a.C.|sexto milenio a. C.]], procedente do Oriente Próximo e a través da [[Península balcánica]] e a conca Mediterránea, aínda que hai constancia xa no [[VII milenio a.C.|VII milenio a. C.]] de cronoculturas protoneolíticas nos Balcáns: trátase de pobos acerámicos, cunha agricultura rudimentaria e itinerante, con gandaría e numerosas pervivencias mesolíticas (caza, pesca e recolección, hábitats en covas, sen machadas pulidas etc.). AindaAínda que os primeiros poboados sedentarios son moi pequenos, desenvolvéronse pronto asentamentos coma [[Sesklo]] ou ''Nea Nikomedia'', ambos os dous sobre elevacións do terreo, con murallas e bastións e no seu interior construcións rectangulares cun vestíbulo de acceso nas que se atoparon cerámicas pintadas e figuriñas femininas.
 
:No Mediterráneo occidental crese que houbo unha fase precerámica fundamentalmente gandeira e relacionada con hábitats en cova, previa á aparición duns grupos de carácter agrícola e gandeiro identificados tradicionalmente por un elemento característico, a [[cerámica cardial]]. Estas típicas cerámicas decoradas con impresións de cunchas de [[berberecho]] (''Cardiidae'') aparecen tanto na beira africana coma na europea do Mediterráneo, dende [[Dalmacia]] até a [[Península Ibérica]] (en cor verde crara no mapa).