Diferenzas entre revisións de «Escrita chinesa»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Existe, porén, un cantonés coloquial escrito. O cantonés goza, entre outras linguas rexionais non mandarinas, dun padrón coloquial escrito amplamente utilizado. Isto débese en parte a que [[Hong Kong]], unha cidade moi grande de fala cantonesa, estivo fóra do control chinés durante máis de cen anos, antes de que o [[Reino Unido]] a devolvese á [[República Popular da China]] en [[1997]]. Pola contra, as demais linguas rexionais non gozan da existencia de padróns escritos alternativos aceptados por unha maioría. O cantonés coloquial escrito fíxose moi popular na prensa, e nos [[chat]]s e [[mensaxería instantánea]] de [[Internet]]. Mesmo así, os falantes de cantonés utilizan chinés escrito padrón na maior parte das súas comunicacións escritas.
 
Como noutros aspectos da lingua chinesa, o contraste entre os diferentes padróns escritos non é estrito e existe un [[continuum]] aceptábel socialmente de padróns escritos. Por exemplo, ao escribir unha carta de amor informal, pódese utilizar ''baihua'' informal. Ao escribir un artigo de prensa, a lingua utilizada é diferente e comeza a incluír aspectos de ''wenyan''. Ao escribir un documento cerimonial, utilizarase aindaaínda máis ''wenyan''. A lingua utilizada no documento cerimonial pode ser completamente diferente da da carta de amor, mais hai un contínuum entre os dous. O ''wenyan'' puro, porén, apenas se usa.
 
== Caracteres chineses ==
 
== Formas dos caracteres ==
Existen actualmente dous padróns para os caracteres chineses [[imprenta|impresos]]. Un é o dos caracteres chineses tradicionais, empregada en [[Taiwan]], [[Hong Kong]] e [[Macau]]. Outra é a dos caracteres chineses simplificados, empregada en [[China]] e [[Singapur]] e desenvolta polo goberno da [[República Popular da China]] a meados do [[século XX]]. Tamén se crearon moitas versións simplificadas derivadas de simplificacións con certa tradición histórica, aindaaínda que escuras. En Taiwan, empréganse algunhas simplificacións ao escribir a man mais os caracteres tradicionais son a norma ao imprimir. Ademais, todos os chineses utilizan simplificacións propias.
 
== Notas ==
103.099

edicións