Historia do manga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 41:
O triunfo das revistas de manga acabou co ''Kamishibai'', e moitos dos seus autores refuxiáronse no sistema de bibliotecas. As revistas de manga eran todas infantís, e as bibliotecas encontraron un buraco creando un manga orientado cara un público máis adulto: o ''[[gekiga]]''(''debuxo dramático'' en xaponés). Deixaron o estilo proximo a Disney de Tezuka por outro máis realista e fotográfico abrindo o campo a novos xéneros violentos, escatolóxicos ou mesmo pornográficos como o terror, as historias de [[samurai]]s, os mangas sobre [[yakuza]]s (mafia xponesa), o erotismo etc. Entre eles cabe destacar a [[Sanpei Shirato]] que en [[1964]] patrocinaría a primeira revista ''underground'' da historia do manga, [[Garo (revista)|Garo]]. E tamén ao mestre [[Monkey Punch]] (Seudónimo do debuxante xaponés [[Kazuhiko Kato]]), creador da serie considerada como "o mellor manga de tódolos tempos", [[LUPIN III]] que aos seus 70 anos aínda seguía en activo. A competencia no terreo gráfico do ''gekiga'' obrigou ás revistas a reduciren a presenza de texto, aumentar o número de páxinas e o tamaño para a súa mellor visión.
 
Co comezo do auxe económico a xente esixía máis manga. Por iso, unha das principais editoras de libros, [[Kodansha]], entrou en [[1959]] no mercado de revistas. O seu título [[Shōnen Magazine]], cambiou a pauta de periodicidade mensual a semanal, multiplicando a produción e impondo aos autores o [[estakhanovismo]], aindaaínda que esta vez con soldos millonarios. Pronto, outros grupos editoriais como [[Shueisha]], [[Shogakukan]] ou [[Futabasha]] uniríanse. Este sistema de produción sacrificaría a cor, a calidade do papel e a sofisticación temática, levando tamén consigo a crítica política. Pero aumentaría vertixinosamente as vendas ata cifras astronómicas e con elas os beneficios empresariais, convertendo o manga no medio de comunicación audiovisual máis importante do país.
 
=== A expansión a Occidente ===