A Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 325:
En [[1208]], o [[lista de monarcas de Galicia|rei galego]] [[Afonso IX]] refunda ''Crunia'' como porto de reguengo (''iuxta Turrim de Faro in loco qui dicitur Crunia'') e a vila enceta un gran desenvolvemento mercante e pesqueiro. A cidade medra e esténdese polo tómbolo da península. Trala invasión castelá de 1483, os [[Reis Católicos]] instalan nesta cidade a [[Real Audiencia de Galicia|Real Audiencia do Reino de Galicia]], abandonando [[Santiago de Compostela|Compostela]], para evitar así a intromisión arcebispal. A Coruña será tamén a sede do capitán xeral. A [[Xunta do Reino de Galicia]] consegue entre [[1522]] e [[1529]] que [[Carlos I de España|Carlos I]] lle conceda a Casa da Especiaría, o que lle permite distribuír en Europa as especias. O 24 de xullo de 1525 saíu do porto da Coruña a [[Expedición de García Jofre de Loaísa]]. Autorízase o comercio coas [[Indias]] entre [[1529]] e [[1575]].
 
A partir de [[1764]], coa instalación dos Reais Correos Marítimos a América, A Coruña adquire o pulo portuario e comercial definitivo. Créanse o Consulado do Mar e restáurase a Torre de Hércules. En [[1804]] creouse a Fábrica Nacional de Cigarros, berce do movemento obreiro e durante o [[século XIX]] fóronse instalando lentamente outras industrias (vidro, fundición, tecidos, gas, mistos etc.), aínda que foi o comercio marítimo e a emigración o que atraeu os investimentos cataláns, maragatos, belgas, franceses ou ingleses. O [[Banco de ALa Coruña]] fundouse en [[1857]] e a ''Caja de Ahorros'' en [[1876]]. Tamén influíu no desenvolvemento económico a nova división provincial de [[1832]], que reduciu o número de provincias de 7 a 4 e aumentou a actividade burocrática administrativa. Como consecuencia, A Coruña converteuse na capital rexional de facto.
 
[[Ficheiro:Sfdrake42.jpg|miniatura|esquerda|O almirante [[Francis Drake|Drake]] saqueou a cidade no [[1589]].]]