A.C. Milan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 102:
Despois de varias temporadas non moi boas, a chegada de [[Nils Liedholm]] ao banquiño e o 4º posto na tempada 1977-1978, tempada na que debutou [[Franco Baresi]], precederon á conquista do décimo título de liga na 1978-1979. O equipo, dirixido no campo por [[Gianni Rivera]], na súa última tempada como futbolista, puido coa competencia do duro Perugia de [[Ilario Castagner]] que acabou a temporada imbatido e conseguiu o codiciado "scudetto da estrela" (por ser o décimo titulo).<ref>{{Cita web|url=https://sport.sky.it/calcio/2014/04/12/amarcord_perugia_stagione_degli_imbattibili_1978_1979.html|páxina-web=Sky|título=O imbatible Perugia da 78-79, un record amargo (italiano)|data-acceso=8 de maio de 2018}}</ref>
 
Os [[Década de 1980|anos 80]] comezaron co primeiro descenso á [[Serie B]] e coa expulsión do presidente [[Felice Colombo]] tras o ''escándalo do Totonero'', unha trama de apostas e amaño de partidos que afectou a varios equipos e que mandou á segunda categoría a Milan e [[Società Sportiva Lazio|Lazio]].<ref>{{Cita web|url=https://as.com/futbol/2016/03/23/mas_futbol/1458722911_754856.html|páxina-web=As.com|título=O escándalo do Totonero (en español)|data-acceso=8 de maio de 2018}}</ref> O rápido retorno á máxima categoría gañando o campionato de Serie B 1980-1981 foi seguido dunha temporada pésima na que o equipo volveu descender, esta vez sobre o campo, tras acabar en antepenúltima posición con 24 puntos en 30 partidos.<ref>{{Cita web|url=https://www.fussballdaten.de/italien/1982/|páxina-web=fussballdaten.de|título=Clasificación final da 81-82|data-acceso=8 de maio de 2018}}</ref> O retorno á [[Serie A]] foi otra vez inmediato, pero o Milan, despois de algunhas temporadas de transición, nas que debutou en [[Udine]] un [[Paolo Maldini]]<ref>{{Cita web|url=https://www.acmilan.com/it/paolo-maldini|páxina-web=acmilan|título=Paolo Maldini|data-acceso=8 de maio de 2018}}</ref> de 16 anos, tivo que afrontar unha gran crisiscrise societaria. Á sociedade, fortemente endebedada e en risco de quebra, chegou o empresario milanés [[Silvio Berlusconi]], quen rematou co déficit económico.
[[Ficheiro:Sacchi.jpg|esquerda|miniatura|Arrigo Sacchi durante a súa etapa milanista]]
Na tempada seguinte chegaron [[Roberto Donadoni]], [[Dario Bonetti]], [[Giuseppe Galderisi]], [[Daniele Massaro]] e [[Giovanni Galli]], e tras unha tempada de adaptación, a marcha de Liedholm e o quinto posto final, o Milan apostou polo novo técnico [[Arrigo Sacchi]] e contratou as dúas estrelas holandesas [[Marco van Basten]] e [[Ruud Gullit]], [[Balón de Ouro]] 1987. Sacchi, despois dun inicio difícil, guiou o equipo á remontada sobre o [[SSC Napoli|Napoli]] e á vitoria final. Tal suceso foi o preludio a un trienio de ouro no que os ''rossoneri'' se adxudicaron dúas [[Liga de Campións da UEFA|Copas de Europa]] (1989, 1990), dúas [[Supercopa de Europa|Supercopas de Europa]] (1989, 1990), dúas [[Copa Intercontinental de Fútbol|Copas Intercontinentais]] (1989, 1990) e a [[Supercopa italiana]] 1989. O Milan de Sacchi, inspirado no ''fútbol total'', revolucionou e a práctica e a mentalidade futbolística.