Constitución da República Española de 1931: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: engado bibliografía
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 15:
España é definida como "''unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de Liberdade e Xustiza''". Fai compatible a unidade do Estado e a autonomía dos municipios e rexións. Renúnciase ao uso da [[guerra]] como instrumento político. O sufraxio é universal para homes e mulleres maiores de 23 anos conforme ás leis.
 
O [[poder lexislativo]] reside nas Cortes, constituídas por unha asemblea unicameral chamada [[Congreso dos Deputados]] elixida directamente. O seu mandato é de catro anos reelixibles indefinidamente e reúnense ordinariamente entre febreiro-abril e outubro-novembro, e extraordinariamente a petición do Presidente da República. Ten a iniciativa das leis xunto co Goberno. Pode delegar no Goberno a capacidade de lexislar por decreto sobre materias autorizadas. O Congreso elixe unha Deputación Permanente de Cortes, composta por 21 representantes das faccións políticas en proporción aos escanos que cada unha delas ten nas Cortes. Está encargada de coñecer os casos de suspensión das garantías constitucionais, os decretos-leis, a detención e o procesamento dos deputados. O Goberno debe contar co respaldoapoio das Cortes e pódeselle formular un voto de censura.
 
Establécese o mecanismo do referendo popular. Debe ser formalizado por un 15% do corpo electoral e non pode referirse a tratados internacionais, leis tributarias ou estatutos rexionais.